11.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación abre a inscrición para «Depocrea», o programa de residencias artísticas...

    A Deputación abre a inscrición para «Depocrea», o programa de residencias artísticas deste outono

    Seis artistas visuais, as e os que presenten os mellores proxectos, desfrutarán de bolsas de 2.500 euros e da residencia no Náutico do 28 de outubro ao 11 de novembro

    “Un proxecto que nos emociona, ao que lle temos un especial cariño e que levamos tempo traballando na súa creación”. Así definiu a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, á primeira edición de ‘Depocrea’, un programa de residencias artísticas vencelladas ao territorio que promoverá durante este outono proxectos específicos vinculados a Pontevedra provincia da man do Náutico de San Vicente. A institución provincial subvencionará estas estancias con bolsas de 2.500 euros que chegarán a seis artistas visuais de calquera disciplina mediante unha convocatoria “aberta e pública”, cuxo prazo de inscrición comeza este luns 5 de setembro a través da sede electrónica ou do rexistro da Deputación.

    As persoas que queiran optar a unha destas bolsas deberán presentar proxectos site-specific, entre os que terán preferencia “as propostas que se acheguen ao patrimonio da contorna ou avoguen por reivindicar valores como a sustentabilidade, a igualdade ou a inclusión social”. Nesta convocatoria poderá participar persoas maiores de idade con independencia da súa procedencia, aínda que se valorará que naceran ou sexan residentes da provincia co fin de fomentar o talento do de Pontevedra provincia. E as candidaturas serán avaliadas por un xurado de profesionais.

    “Un proxecto que nos emociona, ao que lle temos un especial cariño e que levamos tempo traballando na súa creación”.

    Os fondos que a Deputación dedica a estas bolsas vanse a empregar para a realización dos proxectos, no que atinxe á produción e compra de materiais, e a institución provincial tamén se fará cargo do aloxamento. Nestes sentido, Carmela Silva destacou que “eliximos o Náutico de San Vicente porque é un entorno único que aposta polo sustentable e onde natureza, cultura e cidadanía se mesturan en perfecta simbiose.

    As residencias terán lugar entre o 28 de outubro de o 11 de novembro e comprenderán unha primeira etapa de creación en formato de portas abertas ou a visita de profesionais do sector, que realizarán unha conferencia e ofrecerán asesoramento e experiencias ás e aos bolseiros. Tamén haberá unha xornada de divulgación e é posible que se precise da participación do público ou dalgún colectivo local para algún dos proxectos. Finalmente, o 11 de novembro as e os artistas presenten os resultados conseguidos durante as residencias nun auto de clausura.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.