A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata este venres 26 de abril o prazo de preinscrición para optar aos Premios Provinciais de Xuventude que este ano repartirán 36.000 euros entre as mellores iniciativas impulsadas pola mocidade.
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, presentou esta mañá a campaña de control de velocidade impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) coa que se reforzará a seguridade viaria de aquí ao próximo domingo, día 21. A campaña incidirá especialmente nas estradas convencionais (as que dispoñen dun só carril en cada sentido) e nas vías urbanas da provincia.
A Deputación de Pontevedra abre este luns o prazo para que entidades sociais da provincia poidan solicitar axudas no marco do programa ‘+Convivencia’, dotado con 220.000 €. Trátase dunha iniciativa dirixida a entidades sen fins de lucro para que percorran a provincia, compartan experiencias, creen espazos de participación e poñan en valor o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de Pontevedra ao tempo que dinamizan o comercio local.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou esta mañá en rolda de prensa que a Xunta de Goberno da institución provincial acaba de aprobar as bases do programa de termalismo social +Benestar. Con esta iniciativa, que conta cun orzamento superior aos 220.000 euros, a Deputación facilitará o acceso de ata “2.127 persoas maiores da provincia ao turismo de saúdepara que se poidan beneficiar da súa dobre función: como un tempo de vacacións e como tratamento sanitario”, sinalou o presidente provincial.
A Deputación de Pontevedra acaba de publicar as bases para que comerciantes, hostaleiros e produtores e provedores locais de 19 concellos da provincia se adhiran ánova Rede de Comercio Local Move, que se pon en marcha no marco dos proxectos “Da túa man” (rural I e rural II), que forman parte das convocatorias 2022 e 2023 da liña de axudas para o apoio da actividade comercial en zonas rurais do Plan de Recuperación.
O Grupo provincial do PSDG-PSOE na Deputación de Pontevedra pide “una explicación coherente ao goberno provincial” ante o retraso na aprobación e concesión das axudas ao deporte da provincia que son indispensables para o desenvolvemento de competicións e actividades de clubs, asociacións e deportistas, tal e como sinalou nunha pregunta o deputado provincial Gorka Gómez no pleno do pasado martes.
A Deputación de Pontevedra aprobou este martes nunha sesión plenaria extraordinaria o expediente de contratación para o servizo de conservación integral da rede viaria das estradas de titularidade provincial. Un contrato que está dividido en tres lotes (norte, centro e sur) e conta cun orzamento anual de 9,7 millóns de euros para un máximo de catro anos e a posibilidade dunha prórroga, o que supón un importe total de 38,9 millóns de euros.
O Grupo provincial do PSdeG-PSOE denunciou hoxe no pleno da Deputación o “desastre do transporte regular por estrada na provincia” que está a provocar centos de queixas e denuncias cidadás e que achacou directamente “á inoperatividade da Xunta de Galicia e á falta de control sobre as concesionarias que, como lembrou o deputado Javier Mougán, “día si e día tamén temos autobuses cheos, que abandonan persoas nas paradas provocando problemas graves laborais e persoais á cidadanía.
Favorecer a transición ecolóxica do territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural Terra e Auga é un dos obxectivos transversais da estratexia de desenvolvemento local 23-27 “Reverdecendo” que guiará o futuro dos concellos de A Cañiza, As Neves, Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, amosou o recoñecemento da Deputación aolabor pola inclusión social das persoas que presentan algún tipo de trastorno do espectro autista (TEA) que realizan os profesionais da Asociación Autismo Bata durante unha visita á sede desta entidade en Vilagarcía. Acompañado pola deputada de Igualdade e Benestar Social, Sandra Bastos, o mandatario provincial reafirmou o apoio do goberno provincial ás iniciativas que esta entidade ten en marcha como oprograma de apoio en contextos naturais dirixido a persoas no espectro do autismo, as súas familias e aos centros educativos.
O GDR Terra e Auga desenvolverá dende o 6 de abril ao 22 de xuño o curso teórico-práctico de Citricultura Ecolóxica para o que xa só quedan as últimas prazas. Co obxectivo de converter as terras baldías en produtivas con cultivos axeitados ás condicións medioambientais e respectando sempre o equilibrio e harmonía co medio natural o GDR organiza este curso para repartido en cinco xornadas teóricas e prácticas.
As cores e palabras da nova marca fan un guiño á estratexia de crecemento sostible que aposta polos recursos naturais, pola riqueza da terra e pola importancia da auga que a rega e os ríos que configuran o territorio destes dez concellos. A nova marca pretende a unidade e que toda a veciñanza do territorio do GDR se sinta integrada e representada neste organismo. O territorio de actuación do GDR é o formado polos concellos de O Condado, A Paradanta e o de Salceda de Caselas.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.