Dende o eido sanitario recomendan a práctica de actividades físicas e deportivas. Dedicarlle tempo ao lecer, ao entretemento e a socializar ocasionan un benestar físico e mental na persoa, contribuíndo no seu desenvolvemento e mellorando a súa calidade de vida. A propia Constitución, no artigo 49, e maila Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade recollen que o lecer e tempo libre é un dereito das persoas con discapacidade.
Sete rapazas e tres rapaces procedentes da cidade ucraína de Pervomaiske, moi próxima á zona de conflicto, comezaron xa o campamento de verán no Centro Príncipe Felipe da Deputación, no que ao longo dos vindeiros días realizarán diversas actividades de ocio e de coñecemento da cultura e do territorio.
O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra vén de rescatar a seis cachorros que foran arroxados a un colector no municipio de Moraña e que se calcula que teñen tres semanas de idade. Os animais, tres femias e tres machos, atópanse en bo estado de saúde a pesar das circunstancias e seguen a recuperarse nas instalacións da área de maternidade do centro na Armenteira.
A Deputación de Pontevedra vén de iniciar unha nova edición do programa “En Ruta coa Depo”, iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos do noso territorio.
Orixe Rías Baixas, o audiovisual da campaña de turismo da Deputación de Pontevedra neste 2023, vén de obter un importante recoñecemento internacional ao gañar un dos premios de prata na categoría Online & Social Media dos US International Awards, prestixiosos galardóns que contan cunha traxectoria de máis de 50 anos dentro da industria dos vídeos e documentais corporativos.
Trala súa estrea con música a semana pasada, o programa provincial Tras as Ameas propón para este martes 4 de xullo un obradoiro infantil no Castelo de Sobroso, na segunda das trece actividades que ofrece este verán este programa cultural e familiar da Deputación. Re-coñecendo o Castelo: Taller de Arquitectura, con todas as prazas xa esgotadas, é o título desta nova proposta que impartirá desde as 18 horas Taller Abierto e se enmarca nesta iniciativa que abrangue unha ampla e diversa oferta de actividades inspiradoras dirixidas a todos os públicos para vivir experiencias únicas nos castelos de Soutomaior e Sobroso.
A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana catro novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que advirte dun forte ataque de mildio, exteriorizado en certas viñas de todas as comarcas, polo que recomenda unha vixilancia intensiva e tratamento das plantas en caso de que continúe ou se produza un avance dos síntomas.
Este domingo, 2 de xullo, arranca a segunda das once quendas dos campamentos de “Depo Aventura” na Lanzada, na que participarán 140 nenos de 32 concellos da provincia que ao longo de sete días desenvolverán múltiples actividades lúdicas e formativas para o seu enriquecemento persoal e tamén de coñecemento de lugares fóra da contorna habitual.
O goberno en funcións da Deputación de Pontevedra fixo oficial esta mañá o traspaso de poderes ao grupo provincial do Partido Popular, nun encontro no que participaron o deputado portavoz do PSdG-PSOE en funcións, Carlos Font, o voceiro do BNG e vicepresidente en funcións César Mosquera, e o deputado e voceiro en funcións do PP, Jorge Cubela, acompañado de Marta Fernández Tapias.
O programa “Bosques Terapéuticos”, co que a Deputación está a promover actividades baseadas na terapia de shinrin yoku ou “baño de bosque”, unha técnica orixinaria de Xapón que consiste en internarse na natureza para relaxar a mente e reducir o nivel de tensión, abre a súa andaina do mes de xullo en Silleda e Poio.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou onte pola tarde no I Foro de Nutrición de Galicia, un encontro no que destacou as máis de 80.000 consultas realizadas no que vai de ano, polos 94 especialistas en Nutrición que o Sergas incorporou aos seus servizos de Atención Primaria.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.