Sábado, 10 Maio de 2025

É Noticia

Deputación e AECT Río Miño encargan un estudo de urxencia sobre o impacto socioeconómico do peche das fronteiras

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, anunciou hoxe que a Deputación de Pontevedra en colaboración coa agrupación realizará un estudo de urxencia sobre o impacto socioeconómico que o peche de fronteiras provocado pola pandemia do Covid-19 está a ter sobre o territorio transfronteirizo do río Miño.

Máis de 200 persoas emprendedoras participaron na ‘Webinar’ co prestixioso divulgador económico José Mª O’Kean

O catedrático de Economía e divulgador sevillano José María O´Kean foi o encargado de abrir as sesións “webinar” (seminarios online en formato vídeo) coas que o programa SmartPeme, da Deputación de Pontevedra, pon o seu grao de area para axudar á reactivación do emprendemento na nosa provincia unha vez que conclúa o estado de alarma.

A Deputación prorroga case un ano o prazo para rematar as obras do Plan DepoRemse

A Deputación de Pontevedra aprobará na sesión do seu primeiro Pleno telemático da historia, que se celebrará o próximo día 24, a modificación das bases do Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viais Municipais (DepoRemse) pola que se prorrogará o prazo para o remate das 31 obras previstas nos concellos, cun montante total de 11 millóns de euros, e que supón un dos maiores impulsos á obra pública na provincia.

A Deputación desenvolve en ‘Príncipe Felipe’ un plan de continxencia con simulacros para todo o persoal

A Deputación de Pontevedra está a desenvolver no Centro de Menores Príncipe Felipe un plan de continxencia específico que va máis alá dos protocolos e normas establecidas. Trátase dun programa exhaustivo e diferenciado que foi elaborado para o persoal educativo, de limpeza, servizo de enfermería, mantemento, lavandería, vixilancia, manexo de residuos e desinfección. Este plan leva aparellada a realización de simulacros a fin que todo o persoal, caso de ser necesario, saiba como proceder en todo momento.

A Deputación planifica o pago fraccionado dos tributos como nova medida de apoio á cidadanía e ás empresas

Co obxectivo de seguir a axudar á veciñanza e ás pequenas e medianas empresas da provincia, ante as consecuencias económicas da crise xerada polo COVID19, a Deputación de Pontevedra planifica un novo servizo ao través do ORAL para facilitar o fraccionamento, sen xuros, do pago dos tributos. A medida, que suporía un novo respiro económico para a cidadanía e as pemes, está a ser avaliada técnica e xuridicamente para poder beneficiar ás veciñas, veciños e empresas daqueles concellos que teñan delegadas na Deputación as competencias do pago e recadación tributaria.

O Museo de Pontevedra anima á rapazada a ‘achegar’ a súa casa pezas da exposición ‘Debuxantas, pioneiras da ilustración’

O Museo de Pontevedra segue a aumentar a súa oferta de actividades para facer na casa e no día de hoxe difundirá na súa páxina web, http://www.museo.depo.gal unha iniciativa para que a rapazada coñeza máis fondamente a algunhas das autoras da exposición ‘Debuxantas, pioneiras da ilustración’ e mesmo transforme pezas da mostra de maneira personalizada.

A Deputación coordina co Goberno central o retorno do alumnado do ‘Practicum Depo’ en cidades europeas

A Deputación de Pontevedra está a coordinar co Goberno de España a repatriación voluntaria á provincia das e dos estudantes que estaban a desenvolver as súas mobilidades en cidades europeas, e que solicitaron á volta ao país pola crise xerada polo Covid19 Trátase de alumnas e alumnos de centros de Formación Profesional da provincia de Pontevedra que, desde fai uns meses, están a realizar as súas prácticas en empresas e centros de investigación de distintos países europeos coas bolsas do programa da Deputación Practicum Depo.

A Deputación achega aos concellos gratuitamente a plataforma telemática para celebrar plenos e xuntas de Goberno

En menos de 24 horas desde a posta en marcha na Deputación de Pontevedra da Plataforma Informática para a celebración de Plenos e Xuntas de Goberno de xeito telemático, a institución fai extensible o seu sistema aos 53 concellos da provincia adheridos á administración electrónica. O obxectivo desta iniciativa é facilitar a xestión municipal con total garantía e seguridade nesta situación de crise sanitaria a través dunha ferramenta que habilita a Deputación de xeito totalmente gratuíto.

A aposta tecnolóxica da Deputación permite manter a atención cidadá e desenvolver proxecto “para que nada pare”

O forte impulso que o goberno da Deputación de Pontevedra ven dando desde fai cinco anos ás novas tecnoloxías está a demostrar nestes tempos de crise sanitaria e confinamento a súa utilidade, convertendo o desenvolvemento das TIC na principal ferramenta para poder manter activa a prestación de servizos públicos cara á cidadanía, así como a posta en marcha de numerosas actividades e iniciativas.

Carmela Silva insta a Feijóo a convocar ás deputacións para adoptar medidas ante as previsión sobre o pico da pandemia

Ante as novas previsións da Xunta de Galicia sobre a evolución da crise sanitaria na comunidade autónoma, que situarían o pico da pandemia ao longo deste mes...

Deputación e Seo BirdLife lanzan #AvesDesdeCasa, acción de sensibilización medioambiental para o confinamento

A Deputación de Pontevedra, en colaboración con Seo BirdLife, vén de poñer en marcha a acción #AvesDesdeCasa, unha iniciativa de sensibilización medioambiental para facer máis levadíos os días de confinamento polo COVID19. Deste xeito, a través desta acción proponse crear un familia un “caderno de campo” no que as nenas e os nenos poden debuxar as especies observadas desde as fiestras, así como compartir a través de redes sociais con #AvesDesdeCasa.

A Deputación intensifica as medidas de desinfección no ‘Principe Felipe’, habilita novos espazos médicos e contrata a outras 6 persoas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, supervisou hoxe na reunión do Comité de Seguimento específico de Príncipe Felipe, a adaptación dos protocolos do Centro de Menores, “que están en permanente actualización”, ás novas ordes ministeriais de Sanidade publicadas esta pasada semana para os centros de servicios sociais e de carácter residencial.