Venres, 9 Maio de 2025

É Noticia

O AECT Miño consegue o compromiso da Delegación do Goberno de interceder ante os ministerios de Sanidade e Interior para a apertura de máis...

O director do AECT Rio Minho e deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, manifestou a súa “satisfacción” trala reunión co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, a quen trasladou a petición da apertura de máis pasos na fronteira de Portugal para aliviar a situación de milleiros de traballadores e traballadoras que só poden cruzar a ‘raia’ polo paso de Tui-Valença e realizan rodeos de ata 100 quilómetros.

Arranca na rede a escrita de ‘Caramomia’, a novela xuvenil interactiva promovida pola Deputación de Pontevedra

Coa presentación do primeiro dos seus catro personaxes principais, Roque, arrancou hoxe na rede Instagram a novela 'Caramomia', a nova iniciativa cultural que promove a institución provincial e que busca implicar á mocidade na lectura a través da publicación por entregas desta historia xuvenil de misterio. Trátase dun proxecto que está asinado a Oito Mans por dúas e dous dos autores máis recoñecidos da comunidade, Ledicia Costas, María Lado, Daniel Landesa e O Hematocrítico (pseudónimo de Miguel López) e que se pode ler tamén na propia web da Deputación de Pontevedra.

Hoxe entraron en vigor as medidas de seguridade para a reactivación do ttransporte público de competencia autonómica

Hoxe entraron en vigor as novas medidas para a reactivación do transporte público de viaxeiros de competencia autonómica en condicións de seguridade para usuarios e traballadores. A orde, publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado venres, 8 de maio, recolle as medidas que se aplicarán para garantir, en todo momento, a seguridade de traballadores e viaxeiros e facilitar a atención ás necesidades de mobilidade, de acordo á evolución da situación sanitaria.

A Deputación da un novo impulso no asesoramento TIC ao sector socioeconómico coa ampliación do programa SmartPeme

Co obxectivo de poñer en marcha novos proxectos de Smartpeme destinados a implementar as TIC en novos sectores socioeconómicos, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra da un paso máis no impulso deste programa de asesoramento tecnolóxico ás pemes e persoas emprendedoras e autónomas, coa ampliación do contrato de xestión en case 170.000 euros

O AECT Río Minho pide unha reunión “urxente” con Núñez Feijóo para tratar as consecuencias do peche dos pasos con Portugal

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho vén de solicitar esta mañá formalmente unha entrevista urxente co presidente da...

A problematica do peche da fronteira do Miño chega á presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen

A problemática do peche da fronteira no Miño con motivo do COVID-19 chegará á mesa da presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen. O secretario xeral da Asociación de Rexiós Fronteirizas Europeas (ARFE) Martín Guillermo Ramírez, comprometeuse co deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, a dar a coñecer de maneira inmediata e directa á responsable da CE o grande impacto económico que está a sufrir o territorio transfronteirizo do Miño polo mantemento dun único paso na fronteira para as traballadoras e traballadores da zona, unha das máis dinámicas de toda Europa.

A Deputación inxecta máis de 2,2 millóns de euros para a conservación de firmes nas estradas provinciais

O Goberno da Deputación de Pontevedra deu hoxe luz verde a unha inxección de máis de 2,2 millóns de euros destinada á conservación de firmes nas estradas provinciais. Esta adxudicación de contratos, distribuída en tres lotes por zonas xeográficas da provincia, completarase proximamente con outras dúas que permitirán seguir achegando recursos aos concellos para manter a rede viaria e impulsar a economía.

Deputación e CSIC asinan un convenio para impulsar un estudo sobre a biodiversidade e os produtos locais da provincia

A posta en valor da investigación e da ciencia e a necesidade de coidar a biodiversidade para evitar problemas presentes e futuros, foron hoxe dúas das conclusións compartidas pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a vicepresidenta de Organización e Relacións Institucionais do CSIC, Rosina López-Alonso, na firma dun convenio entre as dúas institucións para impulsar un estudo sobre os produtos tradicionais locais da provincia.

O mundo local pide paso para ter presenza na toma de decisións no proceso de saída da crise

Instar a todas as administracións competentes para que as entidades locais teñan presenza e sexan tidas en conta no proceso de desescalada e de saída da crise sanitaria, foi hoxe a reivindicación principal que compartiron a Deputación de Pontevedra e os sete concellos da provincia de entre 20.000 e 50.000 habitantes. O encontro telemático que mantivo a presidenta Carmela Silva cos alcaldes e alcaldesas de Vilagarcía, Redondela, Ponteareas, Cangas, Lalín, Marín e A Estrada desenvolveuse nun clima de cordialidade, lealdade e vocación de acordos.

O Condado incorporará dúas novas mestras e mestres composteiros para atender os centros de compostaxe comunitaria

O Condado contará con dúas novas mestras e mestres composteiros para atender os centros de compostaxe comunitaria na comarca a partires do vindeiro día 15 de maio. Segundo explicou o deputado Uxío Benítez, este persoal pasará a ser laboral interino nos concellos de Mondariz, As Neves e Ponteareas, se ben será a propia institución provincial a que, por medio dunha subvención ao abeiro do Plan Revitaliza, fará fronte ao salario íntegro dos oito meses que quedan este ano, e a parte nos dous exercicios seguintes (50% no 2021 e 30% no 2022).

Uxío Benítez critica a “inacción de Feijóo” ante o peche dos pasos na fronteira entre Pontevedra e Portugal mentres abren noutros lugares de España

O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Río Miño, Uxío Benítez, criticou hoxe a “inacción” do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo ante o mantemento do peche dos pasos na fronteira entre Pontevedra e Portugal mentres, ao mesmo tempo, están a abrir outros puntos de acceso ao longo da 'raia' noutras comunidades autónomas do Estado

‘Na túa cesta’, campaña da Deputación para promover o consumo de produtos da provincia

Co obxectivo de promover que as veciñas e veciños da provincia de Pontevedra, e tamén do conxunto de Galicia, consuman produtos locais e de proximidade a Deputación de Pontevedra lanzará este martes, 5 de maio, a campaña 'Pontevedra Provincia na túa cesta'. A través desta iniciativa, que a presidenta Carmela Silva definiu como “un compromiso co consumo do local que facemos extensivo á veciñanza”, preténdese impulsar o produto de proximidade e revalorizar a materia prima da provincia, “segura e saudable”,