A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno recursos por un valor de 2.614.691,19 euros en asistencia aos concellos da provincia. Tal e como informou a presidenta provincial, Carmela Silva, “destinamos 1.494.639,83 euros ao abeiro das tres liñas do Plan Concellos e aprobamos o expediente de contratación para a adxudicación das obras de conservación de firmes das estradas provinciais na Zona C, que pasa polos concellos do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, cun orzamento de 1.120.051,36 euros”.
Galicia foi a quinta Comunidade que máis turistas recibiu en xuño, por riba de destinos como Canarias ou Baleares, grazas a que o sector está a resistir mellor que a media española. Así se desprende dos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) referidos á ocupación hoteleira.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, esixiu hoxe á Xunta que “consensúe” os protocolos de seguridade fronte á covid nas aulas de cara ao inicio do curso escolar, á vista do malestar xerado na comunidade educativa. “A Xunta non pode centrifugar as súas competencias cara os directores dos centros escolares”, subliñou o líder socialista en rolda de prensa, para chamar ao goberno galego a “exercer as súas competencias” no canto de tentar “evitar tomar decisións” e responsabilizarse delas.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que subliña que o estado das viñas é excelente no relativo á enfermidade do mildio debido ás favorables condicións climatolóxicas das últimas semanas, tras varios días continuados de tempo verdadeiramente cálido, con ventos do norte ou nordés e humidade relativa media en xeral.
“Hai poucas provincias no conxunto do Estado que teñan tantos festivais audiovisuais e de tanta calidade como a de Pontevedra”. Con esta declaración, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, deu a benvida á nova marca provincial de calidade para o cinema da provincia.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.
Cultura, música e patrimonio botan a andar na provincia da man da Deputación de Pontevedra coas prazas esgotadas nas dúas primeiras actividades de 'Re-acción nos Castelos'. Tan só fixeron falta catro días para colgar o cartel de “completo” nas Noites do Castelo de Sobroso e Soutomaior os días 23 e 24 de xullo. Amais, tamén se esgotaron as prazas para participar noutras tres accións programadas para o 30 de xullo, o 6 de agosto e o 11 de setembro: o obradoiro 'Creando no xardín' con Román Corbato, 'Nin príncipes nin princesas' con Bea Campos e 'O teatro ven de visita!' da man dos Quinquilláns.
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que reporta unha situación bastante tranquila do mildio nas viñas, debido ás condicións ambientais maioritarias destes días, con tempo estable, solleiro e ventos moderados. Non obstante, ante a probabilidade de mudanza das condicións meteorolóxicas, o centro recomenda continuar vixiando as viñas e non descoidar as prácticas culturais que permitan alixeirar a vexetación e favorecer a aireación.
“O 2020 vai ser un ano de música e o 2021 un ano de máis música”. Deste xeito describiu hoxe a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a “reinvención” dos festivais das Rías Baixas en tempos da Covid. Silva referendou durante a presentación oficial da nova edición dos Rías Baixas Fest o “absoluto respaldo da institución á esta industria cultural, turística e estratéxica da provincia” e agradeceu aos promotores e promotoras destes eventos que fosen quen de abrir novos formatos e propostas para manter a súa continuidade neste ano, cara á recuperación total dos seus contidos e o seu “rexurdir” no vindeiro 2021.
Co obxectivo de manter e incrementar a aposta tecnolóxica para a modernización dos servizos nos concellos, a Deputación de Pontevedra acordou hoxe coas 53 entidades locais da provincia adheridas á plataforma da administración electrónica, renovar ata finais de ano o contrato do servizo, e iniciar para o próximo 2021 un novo concurso para dar cobertura a todas as melloras que foron implementándose, cun investimento de máis de medio millón de euros.
A Xunta realizaralle test serolóxicos de dobre banda a todo o persoal dos centros educativos sostidos con fondos públicos antes do inicio de curso. Así o acordaron as consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e a de Sanidade na xuntanza mantida esta mañá para abordar o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros educativos non universitarios para o curso 2020/2021, elaborado por ambos departamentos e que será analizado na mesa sectorial do ensino non universitario este xoves.
A Deputación de Pontevedra abriu hoxe o prazo para inscribirse nas actividades que espallarán cultura, música e patrimonio por toda a provincia durante este verán. A inscrición, que se fai enviando un correo a [email protected], será necesaria en todas as actuacións de “Re-acción nos Castelos”, así como nos concertos do programa “Música no Ar” que se celebran nos propios recintos de Soutomaior e Sobroso. Nos demais, as actividades estarán abertas ao público ata completar aforo. Todas as accións contarán coas medidas de seguridade pertinentes e protocolos Covid e o uso da mascarilla será obrigatorio para as persoas asistentes.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.