Martes, 1 Xullo de 2025

É Noticia

Javier Losada censura o impacto do machismo en Galicia cun 35,7% das mulleres vítimas de acoso sexual

O delegado do Goberno, Javier Losada, censurou hoxe o impacto do machismo en Galicia tras analizar os resultados da Macroencuesta de Violencia contra a Muller 2019. Explicou que un 35,7% das mulleres foron vítimas de acoso sexual e un 33,9%, unha de cada tres, sufriron violencia por parte da súa parella ou exparella.

O goberno de Carmela Silva insta a Feijoo a que convoque ás Deputacións para unha xuntanza

A través dunha carta asinada pola presidenta provincial Carmela Silva, o goberno da Deputación de Pontevedra volveu a instar hoxe ao presidente Núñez Feijoo a convocar canto antes as catro deputacións galegas para que a Xunta de Galicia informe de como van a achegar aos entes locais os recursos extraordinarios que está a enviar o goberno do estado para enfrontar o novo escenario xerado pola pandemia da Covid19.

Constitúese o Consello de Forzas Locais de Galicia no que participa Manifesto Miñor

Na reunión do pasado 5 de setembro ao carón da Casa Museo de Rosalía en Padrón, e de acordo cos compromisos adquiridos na Declaración de Touro por agrupacións locais de toda Galicia, formalizouse a constitución do Consello de Forzas Locais de Galicia. Asistiron ao acto un número limitado de representantes seguindo medidas sanitarias que evitan a propagación da Covid-19.

A sede da Deputación en Vigo acolleu a entrega de premios do certame de relatos curtos de AFAGA

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo foi escenario esta mañá da entrega de premios do sexto certame de relatos curtos sobre alzheimer...

A Xunta e as asociacións de atención á diversidade avanzan nun protocolo escolar para nenos con necesidades específicas de apoio educativo

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantivo hoxe unha primeira reunión de traballo con representantes das asociacións de atención á diversidade para avanzar na posta en marcha dun protocolo específico para alumnado con diversidade funcional durante este curso.

A Deputación abre a inscrición para a segunda das “DepoRutas BTT” que percorrerá o concello de Meis

Un día despois da celebración este pasado domingo da primeira das DepoRutas BTT do ano en Ponteareas, na que participaron máis dun cento de persoas, a Deputación de Pontevedra acaba de abrir este luns 14 de setembro o prazo de inscrición para a segunda destas probas, que percorrerá o concello de Meis o día 11 de outubro.

A DXT inicia o luns unha campaña “contra as distracións ao volante” causa de un de cada catro accidentes ocorridos en Galicia

A Dirección Xeral de Tráfico comezará o vindeiro luns unha campaña especial de vixilancia contra as distraccións ao volante en Galicia. Ao longo da semana, axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis deste tipo nas estradas galegas, con especial atención ás vías convencionais. As distraccións na condución prodúcense cando algún suceso, actividade, obxecto ou persoa, dentro ou fóra do vehículo, captan a atención do condutor e desvíana da tarefa de conducir.

Román Rodríguez subliña o esforzo da comunidade educativa para converter os centros de FP en “talleres seguros”

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, subliñou hoxe o esforzo da Comunidade educativa para adaptar os centros de FP aos requirimentos hixiénico-sanitarios derivados da covid-19, facendo destes espazos uns verdadeiros “talleres seguros”. Tamén reiterou o compromiso do seu departamento para achegar todo o profesorado que sexa necesario para cumprir coas normas sanitarias en canto a seguridade nas aulas e nos talleres de FP.

A Deputación renderá homenaxe ás e aos deportistas de alto nivel e promesas da provincia

O parque de Castrelos en Vigo acollerá o vindeiro 24 de setembro unha gala, “con todas as medidas de seguridade”, na que a Deputación...

Gonzalo Caballero propón tres comisións parlamentarias pola crise da COVID-19

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou onte a apertura de tres comisións parlamentarias que sirvan para formular a reconstrución de Galicia trala covid, analizar a evolución da pandemia no noso país e estudar o que ocorreu nas residencias de maiores durante a primeira vaga, toda vez que nestes centros faleceron case a metade das persoas que perderon a vida a causa do virus na comunidade galega.

A Delegación do Goberno anima á cidadanía a aproveitar a convocatoria galega do Programa MOVES para fomentar o uso dos coches eléctricos

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, animou hoxe á cidadanía, empresas e administracións a aproveitar a convocatoria publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia para fomentar o uso do coche eléctrico e a mobilidade eficiente. Esta convocatoria, que xestiona a Xunta con fondos procedentes do Goberno de España, “ofrece a oportunidade de renovar o parque móbil dos galegos e a súa forma de trasladarse favorecendo o uso de medios menos contaminantes e máis sostibles”.

A campaña ‘Sigue o teu instinto’ da Deputación xa superou neste verán os obxectivos marcados para todo o ano

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer os resultados da campaña de promoción turística “Sigue o teu instinto”, que neste verán xa superou “con moito todos os obxectivos marcados para todo o ano” ao acadar máis de 24 millóns de impactos, cando o obxectivo anual era de 20 millóns”. Silva lembrou que esta campaña de difusión estivo enfocada a tres tipos de canles: Smart TV, redes sociais e medios de comunicación. “Os datos son espectaculares, sinalou, e isto ten que ver cos resultados que acadaron as Rías Baixas nos meses de verán”.