Luns, 30 Xuño de 2025

É Noticia

Afaga reclama a esencialidade das persoas maiores, as familias coidadoras e os servizos de atención

Hoxe luns, 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzheimer, no marco da complexa situación que deixou a pandemia da Covid19. A crise vivida tennos que servir para reflexionar máis sobre a sociedade e a importancia que damos aos nosos maiores, ás persoas con demencia e ás familias, así como a necesidade de reforzar o Estado de Benestar que construímos. Se para todas as persoas a situación da pandemia foi difícil, para as persoas con demencia foi moito máis complicada, incomprensible e desorientadora. Por iso, neste Día Mundial, desde Afaga Alzheimer poñemos o acento na ESENCIALIDADE.

“Re-accion nos Castelos” pecha o verán cunha mobilización cultural de máis de 800 persoas en Soutomaior e Sobroso

“Expectativas desbordadas e unha excelente acollida do público. Estamos encantadas”. Así definiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva o “éxito absoluto” do programa “Re-acción nos Castelos” que este verán acolleron os castelos de Soutomaior e Sobroso, mobilizando, a pesar das restricións da covid19, a máis de 800 persoas.

A Xunta participará nun exercicio de loita contra a contaminación mariña coordinado pola Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

A Consellería do Mar participará activamente no desenvolvemento dun exercicio de loita contra a contaminación mariña que terá lugar a vindeira semana en Caminha froito da colaboración da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e farano a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño-Intecmar e do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, implicados nos proxectos de investigación responsables desta acción coordinada (Radar on Raia, MyCoast e Meloa).

A Deputación abre o prazo de inscrición para as webinars do I Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos

Tralo gran arranque do I Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos coa webinar sobre o cancro a cargo de Xosé Ramón García Bustelo, a Deputación de Pontevedra abre o prazo de inscrición na web (www.depo.gal) para as seguintes seis conferencias que se celebran entre outubro e decembro. Este ciclo, que a Deputación organiza en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias, ten como obxectivo principal achegar a ciencia á sociedade e, debido á pandemia da Covid-19, realízase de maneira on line en formato webinar.

A Deputación aposta polo deporte da provincia repartindo 1,2 millóns de euros entre 132 clubs de tódalas especialidades

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o gasto de 1,2 millóns de euros destinados a novas subvencións ao deporte das que se beneficiarán un total de 132 clubs da provincia. En concreto, destinaranse 775.000 euros para clubs deportivos que participan en competicións federadas no ámbito nacional, e outros 473.500 para clubs de deportes náuticos, co obxectivo, en ambos casos, de apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais.

Sanidade lembra a importancia de vacinarse este ano fronte á gripe

A directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo, presentou hoxe, na compaña do director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas. a campaña de vacinación da gripe 2020, que ten como obxectivo xeral diminuír o número e a gravidade das complicacións derivadas do padecemento desta enfermidade, minimizando o efecto na saúde mediante a súa prevención. A tal efecto, o departamento sanitario galego vai investir 3,2 millóns de euros.

A Deputación lanza a quinta edición dos Premios Sofía Novoa “porque non imos deter nada que teña que ver con promover a igualdade”

“Seguimos a apostar para que non se deteña nada que teña que ver con promover a igualdade”, asegurou a presidenta da Deputación no lanzamento da quinta edición dos Premios Sofía Novoa. Estes galardóns, que impulsou o goberno de Carmela Silva fai catro anos, premian a integración da perspectiva de xénero nos traballos universitarios de Fin de Grao e Fin de Máster defendidos e aprobados nos campus de Pontevedra e Vigo da Universidade de Vigo durante o curso 2019/2020.

Máis de 150.000 estudiantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime especial comezarán o curso 2020/21 a partir do vindeiro mércores

Un total de 150.141 estudantes comezarán a partir do vindeiro 23 de setembro –de xeito gradual por mor da pandemia da covid-19– as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

María Xosé Queizán convida a “pensar, gozar e profanar” nunha exposición inédita na sede da Deputación en Vigo

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolleu a tarde de onte a inauguración da exposición Materiais para pensar, gozar e profanar, unha mostra inédita da obra plástica da escritora, poetisa e ensaísta María Xosé Queizán na que mestura pezas conceptuais e collages con obxectos cotiás, persoais e familiares. “Cambiei o meu modo de comunicar, que é a lingua, por materiais pobres e tanxibles. Expreso ideas tratadas con humor ou retranca, e están presentes a admiración ou a crítica sarcástica”, explicou a autora durante o acto.

Esgotadas as prazas para a actividade deste domingo en Monçao, dentro do programa de ecoturismo “Vive o Río Minho”

Continúa a grande acollida das actividades ecoturísticas do programa ‘Vive o Rio Minho’ organizadas pola Deputación de Pontevedra para as fins de semana deste mes nos concellos galegos e portugueses da ‘raia’. Segundo explica o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, as 50 prazas para a actividade deste domingo día 20 esgotáronse en apenas 30 minutos desde que se habilitou a inscrición e, no caso das do sábado, xa está practicamente cuberto o cupo, con apenas as últimas vacantes.

A axencia de órganos e sangue chama á cidadanía, especialmente aos grupos A positivo e B positivo

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á cidadanía a doar sangue e, moi especialmente, aos doantes dos grupos sanguíneos A positivo e B positivo. As reservas dos grupos A positivo e B positivo presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue.

‘Planeta Príncipe’, a aposta da mocidade do Príncipe Felipe no primeiro mural de DeporúARTE sobre a emerxencia climática

'Emerxencia climática: é cousa de tod@s. Planeta Príncipe' é o lema do mural que hoxe pintaron preto de vinte mozos e mozas residentes no Centro Príncipe Felipe nos exteriores do complexo para facer unha chamada á responsabilidade colectiva á hora de mitigar os efectos do cambio climático. Este traballo constitúe a primeira das accións da quinta edición do programa educativo 'DeporúARTE' da Deputación de Pontevedra, dirixido ao colectivo xuvenil, e que este 2020 ten como lema “Polo clima, pensando no 2030”.