O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, requiriu hoxe a Feijóo “responsabilidade” e “sensatez” para sumarse á petición doutras nove comunidades autónomas de que se declare o estado de alarma, toda vez que se trata do mecanismo que aporta “máis fortaleza e máis seguridade xurídica” ás medidas e restricións necesarias na loita contra a propagación do coronavirus.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión das subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero. Esta liña de axudas, como lembrou hoxe a presidenta Carmela Silva, ten este ano un orzamento de 108.000 euros e “vai permitir a estas entidades poidan desenvolver múltiples actividades neste eido”.
O subcomité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 na nosa comunidade aprobou, na súa reunión de onte, un protocolo de prevención da COVID-19 nos cemiterios de Galicia ante a festividade de todos os santos e defuntos, tendo en conta que este xornada conleva a agrupación nos cemiterios de persoas nun curto período de tempo, moitas delas vulnerables, o desprazamento entre localidades e o consecuente encontro de unidades familiares de distintos ámbitos territoriais, polo que é necesario establecer unha serie de recomendacións que minimicen o risco de transmisión.
“Para a Deputación de Pontevedra todo o que ten que ver co Medio Ambiente, cos cambios de hábitos e de vidas que respecten a natureza é un obxectivo prioritario”. Con estas palabras, a presidenta Carmela Silva anunciou que a institución provincial celebrará hoxe sábado o Día internacional contra o Cambio Climático co lanzamento do primeiro concurso 'Reacción polo clima', dirixido á mocidade da provincia e que premiará os mellores traballos audiovisuais centrados na loita contra o cambio climático.
No IX Congreso da Sociedade Española de Farmacia Familiar e Comunitaria (SEFAC), celebrado de maneira virtual en Bilbao, nos días 19 ao 22 de outubro con participación de máis de 2.700 farmacéuticos de España, Portugal e Hispanoamérica, un proxecto do Grupo Berbés de Investigación e Docencia sobre a 'Percepción dos usuarios das farmacias sobre a Covid-19” obtivo o premio ao mellor estudo de investigación.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou na tarde de onte na reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, na que todas as comunidades autónomas valoraron positivamente o documento de actuacións de resposta coordinada para o control da transmisión da COVID19, que foi aprobado sen oposición.
A Deputación de Pontevedra destaca a grande acollida do proxecto Depofroitos, a iniciativa desenvolvida para impulsar o cultivo de froitos do bosque ecolóxico entre persoas interesadas en emprender en zonas rurais da provincia, á que se sumaron este ano preto dun cento de participantes e que vén de finalizar.
A exposición 'De casa para um mundo...' integrada na XXI Bienal de Arte de Cerveira, segue o seu percorrido por distintas vilas e cidades tendo programadas xa as súas próximas paradas na Galería de Arte CTJV de Monção e no Centro Cultural Portugês Camões, Instituto da Cooperação e da Lingua, en Vigo. Trátase dun proxecto concibido por Manuel de Novaes Cabral e Sobral Centeno, que reuniu, en tempos de pandemia, nomes ben coñecidos das artes visuais e da literatura contemporánea e que reúne 30 obras de 15 escritores e escritoras, 15 artistas plásticos e 15 compositores e compositoras.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se habilita o procedemento para a presentación de solicitudes de inclusión nas listas de interinidades e substitucións dos corpos docentes nun total de 7 especialidades diferentes.
A Deputación de Pontevedra, veu referendada hoxe a súa aposta irrenunciable polo medio ambiente e a transición ecolóxica como eixo transversal das súas políticas, coa súa elección como vocal, na figura da presidenta Carmela Silva, do Consello de Goberno da Rede de Entidades Locais para desenvolver os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 (REDODS) impulsada pola FEMP, unha Rede composta polos gobernos locais que se comprometen a localizar e aplicar os 17 ODS de forma transversal nas súas políticas.
Durante a pasada fin de semana (16, 17 e 19 de Outubro), unhas 30 entidades e máis de 600 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar, xunto con ADEGA, a problemática ambiental do lixo mariño na IX Limpeza Simultánea de Praias.
O AECT Rio Minho presentou hoxe o proxecto piloto para que as Eurocidades do Miño dispoñan dun servizo de préstamo de bicicletas eléctricas que permita á cidadanía cruzar libremente a un lado e outro da fronteira. Segundo explicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, trátase dunha iniciativa de ‘bike sharing’ pioneira na fronteira ibérica para potenciar a mobilidade suave, ou o que é o mesmo, o uso alternativo aos vehículos a motor.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.