8.5 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaMáis de 600 persoas participaron na IX Limpeza simultánea de praias

    Máis de 600 persoas participaron na IX Limpeza simultánea de praias

    Durante a pasada fin de semana (16, 17 e 19 de Outubro), unhas 30  entidades e máis de 600 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar, xunto con ADEGA, a problemática ambiental do lixo mariño na IX Limpeza Simultánea de Praias. Nesta edición volveu a acompañar o bo tempo, un sol que fixo as limpezas máis divertidas e amenas, e centos de persoas achegáronse á costa para limpar os areais de Galiza, pois desta vez non quedou ningunha limpeza adiada. As limpezas tiveron lugar nun total de 30 praias  das 3 provincias costeiras.  

    Como noutras edicións participaron centros de ensino, surfeiros, ONG ecoloxistas, asociacións culturais, de piragüistas, ciclistas, ANPAS e particulares. Todas e todos tiñan a mesma fin: limpar as súas praias e crear conciencia.  

    Participaron arredor dunhas de 600 persoas e recolléronse preto de 4.000 kg de lixo, a maioría de orixe plástica, pero tamén predominaron restos de cordas, cabichas e pauciños dos ouvidos.

    A problemática do lixo mariño

    O lixo mariño é un dos maiores problemas ambientais do planeta, as principais causas son: a insensibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións…), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra.  

    Máis de 1.000.000 de aves mariñas e 100.000 mamíferos e tartarugas morren cada ano enredados ou por inxesta do lixo mariño. Tamén pode afectar directamente á saúde humana, xa que moitos destes produtos conteñen substancias tóxicas, bioacumulativas e persistentes, que entran na cadea alimentaria. Por último outro dos graves problemas asociados a estes residuos, é que provocan perdas económicas importantes, debido a varios factores como son a diminución da pesca comercial, a degradación de lugares aptos para actividades recreativas e turísticas, ou o enorme investimento requirido para as limpezas de praias.

    Coidemos das praias todo o ano

    ADEGA quere subliñar que as limpezas de praias non debe ser un feito illado, e convida a calquera persoa a recoller o lixo do noso litoral sempre que poida. As limpezas de praias deben facerse de xeito manual, respectando os ecosistemas dunares, e tendo especial coidado coa fauna e flora que nelas habita. O obxectivo principal deste tipo de actuacións é crear conciencia e alertar da cantidade de plástico que producimos e tiramos, e as consecuencias que isto ten.

    ADEGA agradece enormemente a participación de todas as persoas que organizaron e participaron como voluntarias en todas as limpezas.

    Táboa de resultados da IX Limpeza simultánea de praias

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.