Xoves, 18 Setembro de 2025

É Noticia

Carmela Silva: “O proxecto de dotar de administración electrónica aos concellos está a ser unha revolución na provincia”

A Deputación de Pontevedra continúa traballando de cara a dixitalización da provincia ao aprobar en Xunta de Goberno un novo contrato do servizo de administración electrónica para as entidades locais.

A Deputación lanza, en menos dunha semana, a liña para achegar o 1% do seu orzamento aos sectores afectados pola pandemia

“En 7 días –informou Carmela Silva - esta Deputación ten xa todo preparado para achegar o 1% do noso orzamento aos sectores afectados pola pandemia”. A presidenta asegurou que “nós si cumprimos cos nosos compromisos”, e adiantou que o vindeiro venres, 12 de febreiro, aprobarase nun Pleno Extraordinario o suplemento de crédito para destinar o 1% do noso orzamento.

AECT Río Miño lanza chamamento aos Gobernos de Portugal e España para “deixar de castigar as traballadoras e os traballadores transfronteirizos”

Alcaldes e alcaldesas dos 26 municipios portugueses e galegos que compoñen a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño esixiron aos Gobernos de Portugal e España o “debido e merecido respecto” polos miles de traballadoras e traballadores transfronteirizos e centenares de transportes de mercadorías que, diariamente, atravesan os oito pasos fronteirizos existentes entre o Alto Miño e Galicia e que están a ser “castigados” co peche de fronteiras e a concentración nun único punto autorizado, a Ponte Internacional de Valença.

A Xunta e as farmacias galegas colaborarán na detección precoz de novos casos Covid

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou onte en rolda de prensa do comezo dun novo programa de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, que ten por obxectivo incrementar a capacidade de detección de novos casos covid entre persoas asintomáticas.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue invita á cidadanía a doar sangue

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento á cidadanía para doar sangue, moi especialmente, aos doantes dos grupos sanguíneos B positivo, B Negativo e Cero negativo.As reservas deste grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue.

A Deputación entrega os premios ‘Sofía Novoa’ que amosan a calidade da investigación feminina con propostas para rachar roles de xénero

A entrega dos Premios Sofía Novoa convocados por quinto ano pola Deputación de Pontevedra volveu visibilizar a gran labor investigadora con perspectiva de xénero que se está a facer na Universidade de Vigo e converteuse un ano máis nunha festa de visibilización do talento e traballo das mulleres no ámbito académico.

As sedes da Deputación tínguense de verde para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro

A Deputación de Pontevedra sumarase este xoves á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro iluminando de verde as súas sedes en Pontevedra e Vigo, tanto o Pazo Provincial como o edificio do Casco Vello vigués, así como a peza escultórica do novo logotipo do Museo situada fronte ao “Edificio Castelao” da cidade do Lérez.

A Deputación elaborará ‘Metrominutos’ para os ‘Concellos Ágora’

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Mobilidade, vai elaborar ‘Metrominutos’ para todos os ‘Concellos Ágora’ que o soliciten. Así o confirmou hoxe o deputado Uxío Benítez, quen destacou que a iniciativa supón unha axuda aos municipios integrantes da rede de traballo provincial para fomentar a camiñabilidade a través dunha ferramenta de comunicación xa recoñecida.

Os concellos da ‘raia’ instan a Madrid, Lisboa e á Xunta á “reapertura urxente” de todos os pasos de fronteira para persoas traballadoras

O AECT Rio Miño e os alcaldes e alcaldesas portugueses e da provincia de Pontevedra aprobaron onte nunha reunión extraordinaria convocada polo peche da fronteira de Portugal un comunicado que trasladarán aos Gobernos centrais de Madrid e Lisboa e á Xunta de Galicia para reclamar que, de maneira urxente, se reabran todos os pasos para as persoas traballadoras cos controis necesarios.

Unanimidade no Consorcio Provincial Contra Incendios para o cambio do modelo á xestión directa

O Consorcio Provincial Contra Incendios e de Salvamento, integrado pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, deu hoxe o paso definitivo para o cambio na prestación do servizo ao modelo da xestión directa.

O servizo de emprego de COGAMI facilita 1.705 insercións en Galicia durante o ano 2020

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) acadou durante o ano 2020 a inserción laboral de 1.705 persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral para a ocupación habitual.

A Deputación destina case medio millón de euros para que as entidades sen ánimo de lucro realicen actuacións no ámbito social

A Deputación de Pontevedra publicou este luns 1 de febreiro a convocatoria e as bases das subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro da provincia para actuacións no ámbito social no 2021. Estas axudas, aprobadas o pasado 15 de xaneiro, están dirixidas a asociacións para o desenvolvemento, na provincia de Pontevedra, de actuacións no ámbito social de atención especializada dirixidas a persoas en situación de especial vulnerabilidade.