Martes, 8 Xullo de 2025

É Noticia

Gonzalo Caballero chama a “ser cautos” ante a relaxación das restricións, “e prioritario protexer á saúde e á xente”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, aludiu hoxe á situación de Galicia nesta terceira onda da covid para sinalar que, pese á caída no número de contaxios, a presión hospitalaria e nas camas UCI está aínda en niveis “moi altos”, polo que cómpre “ser cautos” e seguir as indicacións do comité clínico na desescalada das medidas.

Maica Larriba visita o paso fronteirizo de Tui para supervisar o protocolo de control na fronteira con Portugal

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, acudiu esta mañá ao paso fronteirizo de Tui, situado na A-55, para supervisar o labor de control da fronteira que está desenvolver a Policía Nacional debido á situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. Na súa visita estivo acompañada pola comisaria provincial de Pontevedra, Estíbaliz Palma.

O AECT levará á Comisión Europea a situación de desamparo das persoas traballadoras transfronteirizas do Miño polo peche da fronteira

“Fronteira aberta xa na súa totalidade e con horario pleno”. Esa é a reivindicación na que as alcaldesas e alcaldes do territorio miñoto insistiron hoxe convocados polo AECT Rio Miño e pola que decidiron endurecer as súas accións: continuarán dando pasos pola vía institucional ante a Unión Europea e o ministro de Administración Interna de Portugal, pero tamén organizarán novas accións simbólicas de movilización social para chamar a atención dun territorio que se sinte afogado e tamén “ninguneado” polos gobernos de Madrid e Lisboa.

SmartPeme pon en marcha esta próxima semana outros tres obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.

A Deputación de Pontevedra segue a promover a igualdade con axudas aos concellos

Continuando co seu apoio á loita pola igualdade, o goberno da Deputación de Pontevedra deu luz verde a unha nova convocatoria de subvencións dirixidas...

A Deputación redobra a súa aposta pola cultura e incrementa o apoio aos ‘Rías Baixas Film Fest’ e aos festivais de música e de...

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases das subvencións aos festivais audiovisuais da provincia, integrados na marca provincial “Rías Baixas...

A Deputación pon en marcha os traballos de avaliación do estado das pontes da rede de estradas provinciais

O Goberno provincial da Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar o contrato que vai servir para inspeccionar, avaliar e realizar un inventario das pontes (obras de paso con luces superiores a tres metros) da rede de estradas provincial, traballos nos que investirá un orzamento de máis de 218.000 euros e que teñen un prazo de execución de dous anos.

O AECT Río Miño considera “insuficientes” as medidas de apertura da fronteira con Portugal e incrementará as súas protestas

Os 26 municipios pontevedreses e portugueses o Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial AECT Río Miño veñen de convocar para este luns unha nova reunión con carácter urxente para analizar o que clasifican de “total e persistente descoñecemento” dos gobernos centrais de Madrid e Lisboa sobre a realidade do territorio miñoto, o de maior circulación de toda a fronteira ibérica.

Vila Nova de Cerveira ten disposto o Centro Municipal de Vacinación á espera da chegada das vacinas

Debidamente apetrechado, cumprindo todas as condicións de seguranza indicadas pola ULSAM e Dirección-Xeral de Saúde, o Centro Municipal de Vacinación de Vila Nova de Cerveira instalado no Fórum Cultural de Cerveira está listo para ser utilizado.

Arranca o #SocialHack, primeiro Hackatlon online de innovación para o tercer sector que lanza a Deputación a través da SmartPeme

Durante esta fin de semana terá lugar o “#SocialHack”, o primeiro Hackathon online de innovación, un reto tecnolóxico para o terceiro sector que lanza a Deputación de Pontevedra a través de SmartPeme. En total, danse cita virtualmente neste reto tecnolóxico máis de 30 persoas procedentes de Galicia, Madrid, Andalucía e Cataluña, que concursarán desenvolvendo as solucións tecnolóxicas máis innovadoras para facilitar a xestión das entidades sociais xa que, como sinalou a condutora do acto, Adriana Muñoz, de minube,“os momentos que vivimos están a demostrar que son clave e que sen elas non haberá crecemento intelixente.

A Xunta inviste preto de 395.000 euros na mellora dos camiños municipais de Baiona, Nigrán, Mos, O Porriño, Redondela, Salceda e Salvaterra

A delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou que a Consellería de Medio Rural está a investir 395.00 euros ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas correspondente co período 2020-2021.

A Deputación envórcase na celebración do Día da Muller e da Nena na Ciencia coa entrega dos premios “GirlGeekCovid”

A Deputación de Pontevedra celebra este 11 de febreiro o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia co claro compromiso, como sinalou a presidenta Carmela Silva, de “cambiar as cifras” que neste momento arroxa o mundo científico e que amosan que aínda se está a “deixar na cuneta o 50% do talento das mulleres”.