Martes, 8 Xullo de 2025

É Noticia

O Grupo socialista insta á Xunta a coordinar e mellorar os protocolos de atención a familias nos casos de falecemento por accidente

A deputada socialista Noa Díaz vén de instar á Xunta de Galicia a coordinar e mellorar os protocolos de atención a familias nos casos de falecementos por accidentes. Fíxoo, hoxe na Comisión de Sanidade do Parlamento, a través da presentación dunha proposición non de lei.

O proceso de vacinación en Vila Nova de Cerveira xa está en marcha

Despois dos profesionais de saúde, de usuarias e colaboradores de residencias, dos axentes da GNR e dos Bombeiros Voluntarios, 330 cerveirenses con idade superior a 80 anos recibiron, onte xoves, a primeira dose da vacina contra a Covid-19, no Centro Municipal de Vacinación instalado no Fórum Cultural de Cerveira. O Proceso arrancou no concello cunha gran expectativa, e algunha ansiedade, para “un día en que é relanzada a esperanza”, segundo o alcalde de Cerveira, Fernando Nogueira.

Unha posible intoxicación obrigou a evacuar ao tripulante dun remolcador situado ao suroeste de Vigo

O tripulante dun remolcador situado ao suroeste de Vigo tivo que ser evacuado de urxencia a causa dunha posible intoxicación.

A Deputación lanza, por terceiro ano consecutivo, as visitas guiadas ao xardín de Excelencia Internacional da Camelia no Castelo de Soutomaior

Coincidindo coa etapa de floración da camelia e co levantamento das restricións de mobilidade na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, a Deputación de Pontevedra vén de lanzar unha nova edición das visitas guiadas ao xardín de Excelencia Internacional da Camelia no Castelo de Soutomaior.

A asociación ACADAR promoveu o emprego de 57 mulleres con discapacidade en 2020

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) redobrou os seus esforzos dende o inicio da pandemia da COVID-19 para continuar loitando contra os factores de discriminación interseccional que afectan ás mulleres con discapacidade a través do ‘Programa de Empoderamento e Activación para o Emprego’, no que participaron 57 mulleres deste grupo social procedentes de Galicia, ao longo do ano 2020.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue achegase nesta semana a máis de 40 concellos co obxectivo de acadas entre as 400 e...

O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias, doou sangue onte, nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro, acompañado pola directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García. A tal efecto, a Axencia apela á xenerosidade e solidariedade da cidadanía para que doen sangue.

A Deputación crea a ‘Facultade Ágora’ para consolidar á provincia como referencia internacional do espazo público

Internacional, potentísima, espectacular, ambiciosa… Eses foron os calificativos cos que hoxe se definiu a ‘Facultade Ágora’, unha iniciativa creada polo Departamento de Mobilidade da Deputación para formar a representantes políticos e persoal técnico dos concellos da provincia sobre a recuperación do espazo público para as persoas.

A Deputación presenta a programación do 8M “máis potente dos últimos anos” centrada na recuperación da axenda feminista

Coa posta en escena da acción poética “Palabras como gacelas” de Miriam Ferradáns e co obxectivo “irrenunciable” de volver poñer no centro do discurso político a desaparecida axenda feminista, a Deputación de Pontevedra presentou hoxe a súa programación para o 8 de Marzo, a “máis potente dos últimos anos”. Actos reivindicativos, mesas redondas, charlas, obradoiros, manifestacións artísticas e iniciativas en redes desenvolveranse durante todo o mes de marzo co lema da “Reivindicación da Nosa Axenda”.

O ORAL aliviará aos Concellos a carga da tramitación das multas de tráfico para axilizar os períodos medios de pago

O Órgano de Xestión e Recadación Local (ORAL) da Deputación de Pontevedra dá un novo paso para estreitar a colaboración cos 53 concellos que teñen delegados estes servizos. No terceiro foro telemático de coordinación dende o comezo da pandemia de COVID19, celebrado hoxe, o ORAL anunciou a súa disposición para comezar a tramitar integramente as multas de tráfico, non só o cobro, e tamén anunciou a posta en marcha dunha nova ferramenta informática que permitirá a identificación rápida dos contratistas ou provedores que teñan débedas coa Administración municipal, contribuíndo así á axilización dos períodos medios de pago.

A Deputación súmase á Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular

A Deputación de Pontevedra vén de converterse nunha das trece entidades galegas, españolas e portuguesas promotoras da Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular, que hoxe mesmo se constituíu a través dunha xuntanza telemática na que participou a deputada de Turismo Ana Laura Iglesias. Na Asemblea Constituínte da rede, que tivo lugar na mañá de onte, aprobáronse o manual de procedemento e o rexistro da marca e logotipo na rede da Oficina Española de Patentes e Marcas e Oficina da Propiedade Intelectual da Unión Europea.

Gonzalo Caballero respalda a desescalada de acordo co Comité Clínico

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, compareceu ante os medios en compañía do voceiro de Sanidade, Julio Torrado, para analizar a evolución desta terceira onda da Covid en Galicia e avaliar as medidas que cómpre poñer en marcha coa máxima de “protexer a saúde” e guiarse polos criterios do comité clínico.

A Xunta amplía as axudas ata os 7M€ para facilitar a restaurantes e cafeterías o acondicionamento de terrazas e as vendas a domicilio ou...

A Xunta amplía ata os 7 millóns de euros a dotación da liña de axudas dirixida aos sectores da hostalería e a restauración para facilitar a súa actividade e que sexa compatible coas medidas de protección da saúde ante a Covid-19.