8.7 C
Pontevedra
Domingo, 2 de Abril de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación lanza, por terceiro ano consecutivo, as visitas guiadas ao xardín...

    A Deputación lanza, por terceiro ano consecutivo, as visitas guiadas ao xardín de Excelencia Internacional da Camelia no Castelo de Soutomaior

    As visitas botánicas, co aforo reducido, comezan este sábado e domingo, 27 e 28 de febreiro, e continuarán todas as fins de semana do mes de marzo

    Coincidindo coa etapa de floración da camelia e co levantamento das restricións de mobilidade na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, a Deputación de Pontevedra vén de lanzar unha nova edición das visitas guiadas ao xardín de Excelencia Internacional da Camelia no Castelo de Soutomaior. Trátase do terceiro ano consecutivo no que a institución provincial programa estas visitas botánicas que comezan este sábado e domingo, 27 e 28 de febreiro, e continuarán todas as fins de semana do mes de marzo, sempre co aforo reducido e adaptándose ás circunstancias e evolución da crise sanitaria.

    Amais de coñecer todas as variedades de camelias do Xardín de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior, distinguido co selo Observer de turismo científico, así como a súa orixe, coidados e curiosidades, este ano, como novidade e coincidindo co arranque da ampla programación da Deputación ao abeiro do 8M, a visita inclúe o percorrido polo “Xardín de Camelia con nome de muller”. No 2020 comezáronse a plantar camelias con nome de muller, creando un recuncho novo no xardín do Castelo de Soutomaior. A primeira camelia deste xardín foi a variedade María Vinyals á que se sumaron ao longo do ano a de Rosalía de Castro, Bella Otero e Jane Andersen.

    Estas visitas guiadas terán tamén a novidade de poder coñecer á plantación de té de camelia existente nos Xardíns, incluíndo unha explicación das diferentes variedades de té, a súa historia e os seus principais beneficios.

    As visitas guiadas por persoal especializado ao xardín de camelias do Castelo de Soutomaior, que terán lugar todos os sábados e domingos ás 12 horas e durarán unha hora e media, terán un custe de entre 1,5 € (tarifa reducida) e 3 € (tarifa normal). As persoas interesadas en participar nesta iniciativa poderán adquirir a entrada a través da web do Castelo de Soutomaior https://castelodesoutomaior.com.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS