13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Axencia de Doazón de Órganos e Sangue achegase nesta semana a...

    A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue achegase nesta semana a máis de 40 concellos co obxectivo de acadas entre as 400 e 500 doazóns diarias

    O xerente do Sergas, Jose Flores Arias, doou hoxe na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, que visitou os edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro

    O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias, doou sangue onte, nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro, acompañado pola directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa López García. A tal efecto, a Axencia apela á xenerosidade e solidariedade da cidadanía para que doen sangue.

    Aínda que, nestes momentos, as reservas son adecuadas para garantir a subministración aos hospitais, o chamamento é xeneralizado á participación de todas e todos os doadores, lembrando a importancia da necesidade de manter o número de doazóns, especialmente dos grupos A e O Positivo, os de maior prevalencia.

    Ao longo da presente semana as unidades móbiles de ADOS visitarán máis de 40 concellos galegos para facilitar o acceso á doazón da cidadanía, co obxectivo de obter entre 400 e 500 doazóns diarias. Tamén pódese doar nos locais de atención ao doador de sangue, existentes nas sete grandes cidades galegas.

    Así mesmo, desde ADOS lembran que estase a desenvolver a segunda fase da campaña de doazón en centros educativos, universitarios e non universitarios. Desprázanse as unidades móbiles da Axencia ata os centros educativos, o que supón o primeiro contacto coa doazón de sangue da mocidade.

    Campañas informativas

    A Consellería de Sanidade lembra que ADOS desenvolve campañas de sensibilización e información destinadas a promover os distintos xeitos de doazón, polo que convida á cidadanía e ás empresas, institucións e colectivos procedentes de todos os ámbitos da sociedade galega a levar a cabo iniciativas destinadas ao fomento dunha conciencia solidaria proclive á doazón de sangue.

    ADOS pon a disposición da cidadanía a súa web, http://ados.sergas.gal; o enderezo de correo electrónico, doadoressangue.ados@sergas.gal; o teléfono de información gratuíto 900 100 828; e as súas páxinas nas redes sociais como xeito de comunicarse con ADOS ou resolver calquera dúbida relacionada coa doazón.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.