12.3 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaPreto de 15.000 persoas entre 50 e 55 anos recibiron o sábado...

    Preto de 15.000 persoas entre 50 e 55 anos recibiron o sábado a vacina da Covid

    A xornada foi a primeira vacinación masiva en toda Galicia contra a Covid-19, logo do piloto do xoves en Santiago

    Un total de 14.734 persoas recibiron o sábado a vacina da Covid-19, na que foi a primeira xornada de vacinación masiva na nosa comunidade e que tivo lugar simultáneamente nas sete áreas sanitarias de Galicia. Arredor de 19.000 persoas, con idades entre os 50 e os 55 anos, foron convocadas por SMS para acudir ao longo do día a recibir a primeira dose da vacina.

    Estes son os datos da vacinación:

    * As persoas non vacinadas corresponden a contraindicacións maioritariamente

    O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou durante a xornada as sete áreas sanitarias para supervisar as vacinacións e agradecer o traballo dos equipos de todo o persoal involucrado, tanto enfermería, como informáticos, policias locais ou voluntarios de Protección Civil.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.