Venres, 2 Maio de 2025

É Noticia

Chuvia de cartos en O Porriño, Salceda, Moaña, Mos e Tomiño coa Lotería do Nadal

O número 77768 do primeiro cuarto premio da Lotería de Nadal reparte sorte e ilusión en Vigo, O Porriño, Salceda, Moaña, Mos e Tomiño. Unha chuvia de euros nas comarcas

O Gaiás inaugura unha exposición internacional que cuestiona clixés sobre a cultura viquinga e achega pezas nunca antes exibidas en España

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou o pasado xoves na Cidade da Cultura Unha vida viquinga, unha exposición internacional que cuestiona grandes clixés da cultura popular sobre a Era Viquinga e amosa en Galicia pezas históricas e arqueolóxicas de museos nacionais de Suecia, Dinamarca e Francia nunca antes exhibidas en España.

A Deputación aconsella renovar o antes posible a protección contra o mildio e o black rot

A Deputación de Pontevedra aconsella a través do boletín fitosanitario de Areeiro desta semana renovar a protección contra o mildio nas viñas o antes posible, empregando preferiblemente un funxicida sistémico por dous motivos: a relativa retroactividade das materias activas con esta propiedade e mais a súa capacidade de protexer os órganos en crecemento.

A Deputación investirá preto de 220.000 € nun novo asistente conversacional intelixente na web de Turismo Rías Baixas

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente para contratar a posta en marcha dunha plataforma semántica e asistente conversacional por valor de preto de 220.000 euros. Esta actuación, tal e como explicou o presidente provincial Luis López, enmárcase no proxecto “Tourist Inside II”, financiado con fondos europeos, co que a Deputación de Pontevedra está a transformar a provincia como Destino Turístico Intelixente.

Luis López adianta que o ‘Plan +Provincia’ mobiliza esta semana 1,7 millóns de euros para impulsar investimentos en nove concellos

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 1,7 millóns de euros para que nove concellos da provincia impulsen novos investimentos ao abeiro da liña 1 do Plan +Provincia. En concreto, benefícianse destes recursos A Estrada, As Neves, Caldas de Reis, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Ponteareas, Salvaterra de Miño e Sanxenxo.

A Deputación aconsella manter a vixilancia ante o mildio nas viñas por mor dos prognósticos meteorolóxicos contraditorios dos próximos días

A Deputación de Pontevedra aconsella a través do boletín fitosanitario de Areeiro desta semana manter un elevado nivel de vixilancia nos viñedos ante o mildio, revisándoos periodicamente para detectar a tempo posibles manchas novas, zonas de avance nas antigas ou tamén danos en acio. A Estación Fitopatolóxica de Areeiro sinala que as previsións meteorolóxicas indican, en principio, tempo seco a curto prazo, con temperaturas máximas e mínimas elevadas, seguidas de precipitacións acompañadas dun descenso das temperaturas.

A Deputación ofrece aos concellos ‘Tinta do mar: pequena biografía de Luísa Villalta’, un contacontos para festexar as Letras Galegas

A Deputación ofrece aos concellos da provincia 'Tinta do mar: pequena biografía de Luísa Villalta', un contacontos dinámico e participativo para festexar as Letras Galegas e divulgar a traxectoria da autora homenaxeada neste 2024. O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de remitir unha carta aos 61 concellos da provincia para ofrecer 35 sesións desta actividade, que será totalmente de balde para os municipios. Os concellos interesados nalgunha das sesións deberán presentar unha instancia a través da Sede electrónica no Rexistro da Deputación a partir das 8:00 horas do vindeiro luns, 13 de maio.

A Deputación abre este venres o prazo para que confrarías e agrupacións de mariscadoras soliciten axudas

A Deputación de Pontevedra abre este venres, 10 de maio, o prazo para que confrarías de pescadores, federacións de confrarías e agrupacións de mariscadoras poidan solicitar as subvencións para afrontar novos investimentos e gastos correntes. As axudas, dotadas cun orzamento de 250.000 euros, divídense en dúas liñas: a de investimentos, con 75.000 euros, e a de gastos correntes, que contará con 175.000 euros para afrontar gasto corrente, atendendo así ás necesidades e demandas formuladas polo sector.

Abraham Cupeiro explorará os instrumentos de vento desde o Paleolítico ata o século XIX nun concerto pedagóxico no Museo

O Claustro do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acolle o próximo sábado 11 de maio, ás 12:00 h, un concerto moi especial: Abraham Cupeiro fará soar unha colección de instrumentos de vento cos que viaxar ao pasado máis remoto, desde o Paleolítico ata o século XIX. Este concerto está enmarcado na celebración do Día Internacional dos Museos, que se conmemora a semana seguinte.

A Deputación recomenda manter un alto nivel de vixilancia das viñas ante a presenza dos primeiros síntomas de black rot

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, recomenda seguir mantendo un alto nivel de vixilancia das viñas ante a presenza dos primeiros síntomas de black rot e o avance do mildio. Tamén aconsella controlar a vexetación para evitar que reteña humidade e dificulte a aireación na contorna das vides.

A Xunta pon en marcha dende hoxe a quinta edición do Bono Activa Comercio

A Xunta de Galicia activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da quinta edición do Bono Activa Comercio, unha iniciativa dotada con 2,5 millóns de euros coa que se prevé mobilizar 12 millóns de euros en vendas nos establecementos de proximidade galegos, co obxectivo de incentivar a demanda e atraer nova clientela ao sector.

Abel Losada destaca os libros como o “mellor refuxio” e “defensa contra a barbarie”

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, reivindicou os libros como o “mellor refuxio” e “defensa contra a barbarie” ante medio centenar de escolares do IES Ribeira do Louro, no Porriño. Fíxoo durante un encontro literario entre o alumando de 3º da ESO deste centro educativo e a escritora María Reimóndez, organizado co gallo Día Mundial do Libro.