Martes, 8 Xullo de 2025

Val Miñor

O goberno local de Gondomar lamenta o afán do PP por danar a imaxe do municipio para ocultar a súa incapacidade política

A alcaldesa en funcións, Iria Lamas, denuncia “que unha vez máis no canto de defender os intereses veciñais ou centrarse nos problemas serios que hai no seo do seu partido, a líder popular, Paula Bouzós, recorra ao ataque do goberno local terxiversando datos e non axustándose á verdade”.

O Concello de Nigrán ofrece o domingo a película “Bella y el circo mágico”

O Concello de Nigrán ofrece este domingo, día 20 de febreiro, ás 17:30 horas como parte da súa programación polo 8-M, Día Internacional da Muller, a película de animación infantil ‘Bella y el circo mágico’, que proxectarase no auditorio municipal.

O Concello de Baiona mellora a iluminación pública en Baíña co cambio de 33 luminarias por tecnoloxía LED

Baiona continúa coa renovación da iluminación pública do municipio, un proxecto impulsado desde a Concellería de Iluminación Publico do Concello.

Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza este sábado un acto sobre os naufraxios da ría de Vigo na memoria da xente

Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza este sábado 19 de febreiro, ás 19:00 horas, no Centro da terceira idade da Ramallosa (antiga estación do tranvía), unha charla sobre naufraxios na ría de Vigo, que terá como protagonista a Tino Costas Bergara, veciño de Nigrán, quén rememorará unha serie de acontecementos relacionados con accidentes marítimos sucedidos na comarca e na ría de Vigo ao longo do século XX.

A Subdelegación do Goberno coordina xunto o Concello de Baiona as medidas de seguridade para a Festa da Arribada

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra e o Concello de Baiona celebraron onte pola mañá unha Xunta Local de Seguridade cuxo punto prioritario centrouse en promover e coordinar todas as medidas encamiñadas a garantir a seguridade na localidade.

Nigrán pecha este venres o prazo de inscrición para o concurso de comparsas

O Concello de Nigrán pecha este venres 18 de febreiro o prazo de inscrición no concurso de comparsas, que terá lugar o sábado 26 de febreiro ás 21:00 horas.

Nigrán continúa este sábado co ‘I Ciclo de Novos Intérpretes’

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 19 de febreiro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal o concerto do barítono Enrique Monteoliva acompañado do pianista Iñaki Gezala, encadrado no 'I Ciclo Novos Intérpretes' lanzado o pasado decembro desde o consistorio.

Persoas con discapacidade de Salvaterra de Miño e Baiona, no curso de comunicación en lingua castelá organizado por Cogami

As instalacións que COGAMI ten en Vigo, rúa Teixugueiras, nº 15 baixo, acollen nestes días un curso AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas) de Comunicación en Lingua Castelá N2 no que participan persoas con discapacidade de Baiona, Salvaterra de Miño e Vigo.

COGAMI inicia curso de comunicación en lingua castelá dirixido a persoas con discapacidade de Salvaterra e Baiona

As instalacións que COGAMI ten en Vigo (rúa Teixugueiras, nº15, baixo) acollen un curso AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas) de Comunicación en Lingua Castelá N2.

Nigrán outorga a licenza para a construción dun Burguer King en Porto do Molle

A Xunta de Goberno Local do Concello de Nigrán deu luz verde este venres 11 de febreiro á licencia para a construción dun Burger King na parcela da gasoliñeira de Porto do Molle.

O Concello de Nigrán doará máscaras aos campamentos de refuxiados grazas a Aqualia

O Concello de Nigrán doará grazas á empresa concesionaria Aqualia un total de 10.500 máscaras hixiénicas para a poboación dos campamentos de refuxiados saharauis.

Nigrán contabilizou 4.860 vehículos no primeiro mes de funcionamento do parking público da Ramallosa

O Concello de Nigrán contabilizou un total de 4.860 vehículos no primeiro mes de funcionamento do novo parking público de A Ramallosa despois de 5 anos inoperativo. Cunhas cifras que aumentan considerablemente día a día, este aparcadoiro re-municipalizado é empregado na actualizade por unha media de 250 turismos con previsión de superar os 300.