Sábado, 21 Xuño de 2025

Val Miñor

Nigrán estrea a torre de xogo “máis alta da comarca” para dar una nova vida á praza Rosalía de Castro

A Praza Rosalía de Castro cobrou xa unha nova vida. O Concello de Nigrán abríu onte ao público a gran torre escalable de 10 metros de altura e con forma de foguete que preside o espazo central (no mesmo lugar que ocupaba unha fonte ornamental inutilizada). Aínda que xa en uso, será inaugurado oficialmente o luns 26 de Xullo a partir das 18:30 coa presencia de 'Benito e Rufina', de Troula Animación.

Rematadas as obras de seguridade viaria na EP-2102 de Nigrán

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de mellora da seguridade viaria desenvolvidas na EP-2102 Nigrán-Vincios, no Concello de Nigrán, ao abeiro do modelo de mobilidade sostible promovido pola institución.

Baiona acolle a presentación Campaña de Turismo de Galicia 2023

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, exerceu de anfitrión onte pola tarde na presentación da campaña de Turismo de Galicia 2023 “Galicia Senta Ben”.

O Concello de Nigrán colabora coa programación da festividade de San Xoán

O Concello de Nigrán colabora un ano máis coa programación festiva de San Xoan en Panxón, os anos pasados organizándoa directamente ao non terse constituído comisión de festas e este a través do programa municipal 'Música nas Parroquias'.

Juan González asume o seu terceiro mandato como alcalde de Nigrán

"Asumimos este terceiro mandato coa mesma ilusión, ganas e forza que os dous anteriores pero coa diferencia de que agora sumamos máis experiencia", con estas palabras o socialista Juan González asumíu este sábado, no Salón de Plenos, o que será xa o seu terceiro mandato consecutivo en Nigrán.

O Ciclo Mestre Mateo chega a Baiona

O Multiusos de Sabarís, no Concello de Baiona, acollerá este luns 19 de xuño unha nova proxección da segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia.

O Casco Vello de Baiona goza este sábado e domingo do roteiro musical “Sons do Casco”

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, organiza un novo roteiro musical “Sons do Casco” co obxectivo fundamental de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de lecer baionesa.

O certame do relato de Baiona publica o seu primeiro volume

O Concello de Baiona e a Biblioteca Municipal entregaron o libro de relatos "O enxeño engaiolado", que reúne os relatos das tres últimas edicións.

A maxia volve á Carabela Pinta no III Festival de Maxia “Baiona Pinta Maxia”

Baiona acollerá o venres 23, o sábado 24 e o domingo 25 de xuño o seu terceiro Festival de Maxia baixo o título “Baiona Pinta Maxia”.

Nigrán repite o reto para acadar un San Xoán sen lixo

"Repitamos o reto, o mar non é un vertedoiro". Baixo esta premisa, o Concello de Nigrán lanza de novo o desafío #SanXoanSenLixo2023 motivado polo éxito desde a súa estrea no 2019.

Nigrán instala dúas canastras no torreiro de Priegue

O Concello de Nigrán, atendendo á petición da veciñanza, investíu 4.110 € na adquisición de sendas canastras móbiles para o torreiro de Priegue, ademais de pintar esta cancha deportiva, xa que ata o de agora non había canastras.

Baiona “lamenta e condena” una vez máis os actos vandálicos desta fin de semana

O Concello de Baiona condena unha vez máis condena os actos vandálicos ocorridos durante a fin de semana no municipio contra o patrimonio moble. Trátase da décima vez no que vai de ano de desperfectos nos baños públicos da praia A Ladeira.