Venres, 2 Maio de 2025

Val Miñor

A biblioteca municipal de Baiona premia aos seus mellores lectores

A Biblioteca Municipal de Baiona recoñeceu aos lectores e lectoras máis asiduos

O mércores 17 Baiona desviará o tráfico rodado pola festas da Virxe do Camo

O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local, realizará o mércores 17 de xullo pola noite, un corte de tráfico e desvíos con motivo da actuación de Orquéstra Panorama ás 23:00 horas nas festas en honra á Virxe do Carmen. O corte de tráfico levará a cabo no intervalo horario das 22:00 horas do 17 ata as 02:30 horas do día 18 de xullo.

Máis de 270 persoas desafían ao tempo para mergullarse na obra de Domingo Villar en Nigrán da man de ‘Eureka Reto Rural’

Espectacular acollida do paso de ‘Eureka Reto Rural’ polo concello de Nigrán. Máis de 270 persoas desafiaron á meteoroloxía para mergullarse neste xogo de escapismo de balde e ao aire libre que EuRural e do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño están a levar aos concellos do territorio. Unha morea de equipo de valentes que non se amedrentaron coa ameaza de choiva coa que comezaba a tarde para facer de investigadores e investigadoras e axudar ao inspector Leo Caldas, protagonista de ‘A praia dos afogados’ de Domingo Villar, a resolver un caso paseando polo porto de Panxón, o Templo Vótivo do Mar, a praia da Madorra e Monteferro.

Máis de 250 persoas descubriron a historia de Baiona no arranque de ‘Eureka Reto Rural’

Grandísimo éxito de acollida da primeira cita de ‘Eureka Reto Rural’, un programa de EuRural e do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño a través do que se realizarán 14 xogos de escapismo de balde ao aire libre nos concellos do territorio. Máis de 250 persoas participaron en Baiona nunha aventura temática coa que percorreron as rúas do posto e do centro histórico da vila para mergullarse na historia da arribada da Carabela A Pinta e desfrutar dunha mañá de emocións, diversión e moito entretemento.

Nigrán ofrece esta fin de semana senllos concertos no marco da celebración das Letras Galegas

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 11 no muíño de Porto do Molle a partir das 20:00 horas unha foliada coas pandereteiras do Sobreiro e a actuación ‘De ramo en ramo’, da intérprete Leni Pérez e o acordeonista Roberto Comesaña (este é o seu primeiro traballo discográfico conxunto, cun amplo repertorio tradicional que xira en torno á figura da muller). As miñoranas 'Pandereteiras do Sobreiro' xa actuaron con gran éxito na inauguración do muíño o día 20 de abril ao ter arranxado un tema facendo mención ex-profeso ao devandito muiño.

Gondomar continúa co seu ciclo de teatro infantil e familiar e programa tres novos espectáculos durante o mes de maio

Esta segunda parte do ciclo de teatro infantil e familiar, no que xa se representaron catro obras durante o mes de abril cun gran éxito de público, arrincará o domingo 12 de maio ás 19:00 h da man da compañía Assircópatas co seu espectáculo 'Abracadaver'.

A horta urbana do Concello de Nigrán na Ramallosa cumpre dous anos de funcionamento activo

O Concello de Nigrán festexa o segundo aniversario do seu horto urbano comunitario situado na da Ramallosa, na Praza Carlos Casares (ao carón do parking municipal) e nas vindeiras semanas tamén o do parque Vazquez Grela, no centro de Nigrán. Ambos son municipais e funcionan baixo a coordinación da cooperativa local 'SomosTerra' (contratada tamén polo Concello para dirixir os cultivos nos centros escolares de Nigrán). Grazas a ambas iniciativas, actualmente preto de 40 persoas das contornas máis urbanas do municipio cultivan e colleitan os seus propios froitos (quedan prazas dispoñibles para veciñanza que se queira sumar).

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Seso’ no seu 102 aniversario

José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como 'Seso', recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 anos cumpridos o pasado día 1 de maio. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o seu recoñecemento organizando un acto no Salón de Plenos para facerlle entrega dunha placa conmemorativa e, desta maneira, agradecerlle a súa dedicación e a súa vida na vila.

O Concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao carón do Centro Cultural A Camoesa, na parroquia de Camos

O Concello de Nigrán disporá dun campo de fútbol nos terreos onde se ubica o Centro Cultural A Camoesa, respondendo así a unha vella demanda da asociación de veciños da parroquia de Camos. Con este obxectivo, dispón xa do proxecto aprobado e dun orzamento de 287.646 € a cargo do ‘Plan + Provincia’ da Deputación de Pontevedra, polo que as obras sairán a licitación nas vindeiras semanas.

O concello de Nigrán contrata a través do ‘plan + provincia’ da Deputación a 15 peóns forestais e 3 conserxes para os colexios

O Concello de Nigrán incorporou hoxe a través da liña 3 do ‘Plan + Provincia’ da Deputación de Pontevedra a 15 peóns forestais por 8 meses e 3 conserxes durante 7 meses, todos a xornada completa. Trátase de veciños do municipio que se atopaban en situación de desemprego.

Nigrán abre a presentación de solicitudes para o campamento de verán do mes de xullo

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza o ‘Campamento de Verán 2024’ do mes de xullo co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. O prazo de solicitude abrirá do 2 ao 10 de maio e, por primeira vez, o Concello ofrecerá outro campamento no mes de agosto para o cal se abrirá posteriormente un novo prazo de solicitude.

O alcalde de Baiona propón a Lugove a creación dunha app para as persoas usuarias do transporte público

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, reuniuse cos responsables da empresa LUGOVE, concesionaria do transporte regular de pasaxeiros entre Baiona e Vigo, para trasladarlles a posibilidade de que entre a empresa concesionaria e a Xunta puidesen implantar unha app que dese ás perdoas usuarias información en tempo real sobre a localización dos autobuses.