Sábado, 10 Maio de 2025

Val Miñor

Nigrán aposta pola eficiencia enerxética no Campo Municipal de Condomínguez substituíndo as luminarias por led

O Concello de Nigrán ven de sustituír os 30 focos que iluminan o terreo de xogo do Campo Municipal de Condomínguez por nova tecnoloxía LED, investindo nelo un total de 6.700 euros que serán rápidamente recuperados grazas ao importante aforro enerxético que supón este troco.

Baiona colabora cos centros escolares do municipio achegando as tarefas ao alumnado que o precisa

O Concello de Baiona está a colaborar cos distintos colexios do municipio na labor de facer chegar as tarefas escolares ao alumnado que o precisa “seguindo sempre os criterios marcados polos titores e titoras”.

OVALMI reúnese cos concellos do Val Miñor buscando apoio para iniciativas que axuden aos empresarios tras o COVID-19

A Asociación de Empresarios do Val Miñor mantivo os pasados días 18 e 20 de abril, reunións co alcalde de Gondomar e a concelleira de Comercio na que tamén estaban presentes diferentes asociacións e varios empresarios da hostalería do municipio. O motivo desta xuntanza non era outro que a procura de solucións que permitan diminuír o impacto da crise á que se enfronta este sector, unha vez que se permita a apertura dos seus negocios.

Empresas de Nigrán súmanse á iniciativa do Concello de agasallar aos nenos e nenas nos seus aniversarios

O Concello de Nigrán suma cada vez a máis empresas solidarias e doazóns para colaborar nos efectos do Covid-19, ben mediante axuda as persoas en especial situación de vulnerabilidade ou ben para o festexo dos ‘aniversarios de balcón’.

Baiona incentiva a creatividade literaria no confinamento co certame de relato curto ‘O Enxeño Engaiolado’

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura e do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal que xestiona Miriam Costas, vén de convocar o certame de relato curto ‘O Enxeño Engaiolado’, unha iniciativa coa que se busca celebrar o Día do Libro 2020 incentivando, dende o confinamento, a creatividade literaria.

Nigrán canaliza co profesorado a realización de fotocopias e entrega a domicilio para o alumnado sen medios técnicos

O Concello de Nigrán, ante o inicio da terceira avaliación e con elo maior demanda de tarefas ecolares, canaliza directamente co profesorado a realización de fotocopias e posterior entrega a domicilio para todos aqueles alumnos sen medios técnicos. Así, son os propios titores os que facilitan ao correo electrónico da Concellería de Educación os documentos que precise cada estudante en concreto indicando a dirección de entrega e un contacto telefónico para poder achegarllo persoalmente desde o Concello.

O Monte Real Club de Iates anuncia o aprazamento do ‘Trofeo Repsol-Regata de Primavera’

O Monte Real Club de Iates decidiu aprazar a unha data aínda por determinar o Trofeo Repsol – Regata de Primavera que se ía a disputar entre o 1 e o 3 de maio. O aprazamento vén motivado pola situación xurdida por mor da crise sanitaria do Covid-19 e como consecuencia das restricións derivadas do Estado de Alarma, publicadas no Real Decreto 463/2020.

A Mancomunidade do Val Miñor pide ao SERGAS “datos concretos” da evolución do COVID-19 nos tres municipios

O presidente da Mancomunidade de Municipios do Val Miñor e alcalde de Baiona, Carlos Gómez, vén de solicitar do SERGAS que, “á maior brevidade posible” lle sexan facilitados datos “reais e fiables” sobre a evolución do COVID-19 na comarca. Gomez destaca a importancia de posuír dita información “para que os concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar saiban como afecta a pandemia á súa poboación, a curva de evolución prevista e, en consecuencia, poder adoptar as medidas correctoras máis adecuadas e máis efectivas para a súa veciñanza”.

Baiona prorroga o contrato de Servizo de Atención a Domicilio

O Concello de Baiona vén de prorrogar, mediante unha resolución de Alcaldía, o contrato de prestación do Servizo de Atención a Domicilio que remataba este vindeiro luns 20 de abril. A decisión de prorrogar este servizo é unha competencia do Pleno da Corporación Municipal pero, as excepcionais circunstancias provocadas polo estado de alarma, fixeron precisa a adopción desta medida “tan extraordinaria como urxente”, explica o alcalde Carlos Gómez

Nigrán ofrece atención psicolóxica especial e apoio emocional ás persoas maiores de 70 anos que viven soas

O Concello de Nigrán, ante a situación derivada do estado de alarma que rebasa xa un mes, ven de crear un servizo de atención psicolóxica telefónica para persoas que están a ter dificultades emocionais polo confinamento. Atendido directamente por unha psicóloga, este estará operativo os mércores e xoves de 10:00 h a 14:00 horas mediante cita previa en [email protected] ou 650271896 (chamando mércores ou xoves).

Os ‘Premios Nigrán’, aprazados ata outono, recoñecerán as diferentes iniciativas na loita contra o COVID-19

O Concello de Nigrán aprazará ao outono a celebración da gala dos IX Premios Nigrán, prevista para este sábado 18 de abril, e proporá modificar o formato de xeito excepcional para recoñecer as diferentes iniciativas na loita contra o Covid-19 no municipio. O goberno local trasladará a oposición e ás diferentes entidades que con anterioridade á crise sanitaria xa realizaran propostas, a opción de que estas se pospoñan para a décima edición, xa no 2021.

Nigrán retoma as obras públicas coas humanizacións da rúa Vista ao Mar e da Carrasca

O Concello de Nigrán retoma a actividade nas obras adxudicadas despois de dúas semanas de interrupción por mor do estado de alarma decretado co Covid-19. Así, hoxe finalizaron as obras de pavimentación e humanización na rúa Rúa Vista ao Mar (Lourido) adxudicadas a empresa NAROM S.L por un importe de 42.896,61 € e cunha partida provinte dos proxectos incluídos polo goberno de Nigrán no Plan Concellos 2019.