O Concello de Nigrán recollerá porta por porta o lixo dos negocios situados no porto pesqueiro de Panxón ante a impredecible orde da Xunta de Galicia do día 2 de que se retirasen inmediatamente os contedores municipais existentes baixo pena de multa ao ser ese terreo de Portos de Galicia.
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, ofrece este sábado 11 de xullo ás 22:30 no espazo deportivo Dunas de Gaifar (Panxón) o concerto do artista e ex-futbolista Gustavo Almeida presentando o seu último disco ‘Vértice’. A entrada será de balde pero con aforo limitado atendendo ás medidas de seguridade sanitarias actuais.
O Concello de Nigrán instalou hoxe o seu primeiro 'Peixe traga-plástico' en Praia América, obra do artista René de la Jara, responsable do mercado multicultural que cada ano se ubica neste areal. A escultura a base de guías metálicas presenta unha abertura onde os bañistas deben depositar calquera refugallo de plástico que atopen na area
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno recursos por un valor de 474.184,48 euros en asistencia aos concellos de Gondomar, Cerdedo-Cotobade e Rodeiro ao abeiro do Plan Concellos.
A candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra visitou o Concello de Nigrán, onde mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde, Juan González, e membros do grupo municipal para coñecer de primeira man as necesidades dun dos municipios que é referencia do turismo galego e da marca Rías Baixas. O secretario xeral provincial, David Regades, amosouse sorprendido polo nivel de ausencia do Goberno galego nun concello tan relevante.
O Concello de Nigrán presenta a súa primeira edición de Sona Gaifar coma un novo evento sonoro apoiado pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2020 que ven a complementar a oferta musical e cultural do verán na localidade. Con dúas datas, venres 10 de xullo e venres 14 de agosto, propón sesións de escoita para as tardes e solpores de Panxón (no Espazo deportivo Dunas de Gaifar, lugar que acollerá máis eventos este verán e que se estrea con este).
Os orzamentos do Concello de Baiona, que previsiblemente serán levados a aprobación plenaria no mes de agosto, incluirán unha partida de 40.000 euros para os servizos sociais municipais, –máis dun 222 % dos 18.000 euros que habitualmente destinaban os anteriores gobernos conservadores– ao considerar o executivo que preside Carlos Gómez que unha das primeiras obrigas dunha administración local “é velar polo benestar da cidadanía en xeral pero, principalmente, daquelas veciñas e veciños que menos recursos posúen ou que mesmo atópanse en risco de exclusión social”.
O Concello de Nigrán inicia mañá xoves unha programación cultural para este mes de xullo na que, por unha banda, aposta pola posta en valor do enorme valor medioambiental do municipio coa celebración de uns máis que interesantes roteiros guiados. Por outra banda, mantén a súa aposta por dus 'clásicos' como o Vive Nigrán e o NigranJazz que, no caso deste último, puxo ao municipio do Val Miñor como un dos referentes entre os festivales de jazz que se celebran en España.
O Concello de Nigrán iniciou finalmente o día 26 de xuño con 11 empadroados o primeiro curso gratuíto da comarca para obter o título de socorrismo que outorga o certificado de profesionalidade requirido para traballar nas praias.
Este mércores arranca en Baiona a programación do Baiverán 2020. Un programa variado de propostas culturais que, baixo o lema 'Refúxiate na cultura', ten o propósito de cubrir o espazo de lecer de habitantes e visitantes logo de tantos meses de incertidume e confinamento.
As e os alfombristas de Gondomar celebraron hoxe a festividade do Corpus Christi logo de decidir o párroco o atraso da mesma dúas semanas da data inicialmente prevista no calendario litúrxico.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.