Domingo, 11 Maio de 2025

Val Miñor

O Concello agradece “o esforzo” que realiza a Garda Civil de Baiona garantindo, durante todo o ano, a seguridade da veciñanza

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, agradeceu hoxe publicamente, o traballo que realiza a Garda Civil do municipio para, durante todo o ano, “garantir a seguridade de todos os veciños e veciñas”. O rexedor local recoñeceu expresamente “o magnífico traballo realizado, conxuntamente coa Policía Local, á hora de controlar a celebración do ‘botellón’ prohibido pola Xunta de Galicia en todo o territorio da comunidade autónoma”.

O XIV Nigranjazz extende a súa duración apostando por lendas nacionais e artistas europeos

O Concello de Nigrán aposta neste XIV Nigranjazz por duplicar a duración do festival de dous a catro días e extender a súa localización orixinal do esteiro da Foz a Patos e Panxón co obxectivo de disgregar ao público ante as restricións sanitarias vixentes.

Intalarase en Panxón o segundo “Peixe traga-plástico”

O Concello de Nigrán instalará esta semana o seu segundo 'Peixe traga-plástico' en Panxón, obra do artista René de la Jara, responsable do mercado multicultural que cada ano se ubica en Praia América e quen realizou tamén o colocado a inicios de mes alí.

Nigrán únese á celebración do Día do Libro, este xoves na Ramallosa, con diferentes presentacións e sinaturas

O Concello de Nigrán únese ao sector libreiro de toda España para festexar este xoves 23 de xullo o Día do Libro, tres meses despois do que lle correspondería despois de que este ano coincidise co confinamento.

O Concello de Nigrán contrata á artista Lula Goce para pintar o maior mural da comarca

O Concello de Nigrán ven de contratar á artista de Baiona Lula Goce, internacionalmente recoñecida polos seus impactantes murais, para pintar en Panxón a que será a súa maior obra na comarca. Goce está a traballar xa nun muro de 200 metros cadrados de superficie ubicado na subida da rúa Gondomar (ao carón do cemiterio) e que estará rematado ao longo do verán.

“Somos iguais. Contos pola igualdade” con Raquel Queizas en Sabarís

A praza Victoria Cadaval de Sabarís, acollerá o vindeiro xoves 23 ás 20:00 horas unha sesión de contacontos da mán de Raquel Queizas baixo o título “Somos Iguais. Contos pola Igualdade “.A actividade está drixida ao público familiar e recomendable a partir de catro anos. A actividade é organizada pola Concellería de igualdade do Concello de Baiona, e financiada con cargo aos créditos recibidos o Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de xénero.

O Concello de Nigrán abre o prazo para inscribirse no roteiro litoral do xoves e no camiño portugués pola costa do sábado

O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición no mail [email protected] para participar no seus roteiros guiados desta semana dentro da súa programación #NigránEquilibrioNatural.

Hoxe proxectarase ‘La quimera del oro’, con banda sonora en directo, na Praza do Concello de Nigrán

O Concello de Nigrán e o cineclub Val Miñor-Alice Guy continúan este luns co seu primeiro ciclo de cinema ao aire libre ás 22:30 na Praza do Concello proxectando 'La quimera del oro' coa gran particularidade de que a banda sonora estará musicada en directo polo guitarrista nigranés Felipe Villar, director do Nigranjazz e quen lle dará a súa propia versión.

Nigrán instala un novo sistema de presión no Sau de Monteferro para subministrar auga a cen vivendas

O Concello de Nigrán, a través da concesionaria Aqualia, investirá 26.282.38 € na instalación dun novo grupo de presión no SAU de Monteferro que permitirá desde o mércores submnistrar auga sen problemas a cen vivendas que, nos momentos de maior demanda, non era posible.

Persoal municipal e Goberno de Nigrán homenaxean a cinco funcionarios que se xubilan sumando, entre todos, 177 anos de traballo

O persoal e goberno do Concello de Nigrán renderon este mediodía unha homenaxe a cinco funcionarios municipais recentemente xubilados e que marcan a historia do consistorio cunha media de 35 anos adicados á administración local. Así, o persoal municipal e o goberno asistiron a unha comida na Carrasca inviatos polos cinco xubilados, aos que o alcalde entregou unha placa de recoñecemento.

O aparcadoiro do Aral rebaixará as taxas para os seus usuarios e usuarias nun 42 %

O Goberno de Baiona que preside Carlos Gómez, leva ao Pleno deste vindeiro venres a aprobación definitiva da ordenanza reguladora do aparcadoiro do Aral, un documento que, entre outras novidades, inclúe unha rebaixa das taxas para os seus aboados e aboadas nun 40 %.

O Concello de Baiona controlará o aforo de praias e espazos abertos con drons equipados cunha aplicación intelixente

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, asistiu na tarde de onte á demostración práctica do sistema de control aforo de praias e espazos abertos 'Intelligent Watchful Vision' que o Concello de Baiona utilizará como medida de prevención e protección fronte á COVID-19.