10 C
Pontevedra
Venres, 1 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán abre o prazo para inscribirse no roteiro litoral...

    O Concello de Nigrán abre o prazo para inscribirse no roteiro litoral do xoves e no camiño portugués pola costa do sábado

    Os interesados en participar deben inscribirse no mail turismo@nigran.org aportando os seus datos

    O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición no mail turismo@nigran.org para participar no seus roteiros guiados desta semana dentro da súa programación #NigránEquilibrioNatural. O primeiro terá lugar este xoves día 23 polo litoral de Nigrán, con saída ás 10:00 horas da mañá desde a oficina Alameda de San Campio (A Ramallosa). O segundo será o tramo do Camiño de Santiago pola Costa en Nigrán e terá lugar o sábado 25 con saída ás 10:00 horas desde a ponte de A Ramallosa. En ambos casos as prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude.

    LIBROS

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.

    Fran Fernández Davila, «Groenlandia»

    A Fran Fernández Davila gústalle sorprender cos seus traballos literarios, descolocar ao lector para levalo por paisaxes pouco transitadas física e emocionalmente, escapar da rutina diaria e, cunha forte carga de imaxinación, argallar historias nas que a intriga e o humor acaban por se converter en personaxes convidadas da trama.