16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaO Concello agradece “o esforzo” que realiza a Garda Civil de Baiona...

    O Concello agradece “o esforzo” que realiza a Garda Civil de Baiona garantindo, durante todo o ano, a seguridade da veciñanza

    O alcalde Carlos Gómez quixo agradecer aos axentes do Instituto Armado o seu traballo “que se incrementa nos meses de verán” e que realizan cunha dedicación e profesionalidade exemplar

    O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, agradeceu hoxe publicamente, o traballo que realiza a Garda Civil do municipio para, durante todo o ano, “garantir a seguridade de todos os veciños e veciñas”. O rexedor local recoñeceu expresamente “o magnífico traballo realizado, conxuntamente coa Policía Local, á hora de controlar a celebración do ‘botellón’ prohibido pola Xunta de Galicia en todo o territorio da comunidade autónoma”.

    A este traballo engadido, súmase o control para velar polo cumprimento das normas de seguridade sanitaria impostas pola actual pandemia da COVID-19.

    O traballo desenvolvido, afirma o rexedor local, “amosa claramente o alto grao de compromiso, profesionalidade e dedicación das e dos axentes da Comandancia de Baiona” nun municipio que, durante a época estival, triplica a súa poboación e fai preciso “un sobre esforzo” por parte do Instituto Armado para garantir “o orden público e a seguridade cidadá en estreita colaboración coa Policía Local”.

    O traballo que realizan Garda Civil de Baiona e Policía Local, “non só na época estival senón durante todo o ano”, permiten que Baiona “sexa un destino turístico atractivo” conclúe o rexedor local.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.