Mércores, 2 Xullo de 2025

Val Miñor

O alcalde de Nigrán asina a entrada do Concello no programa ‘Xantar na Casa’ de servizo de comida a domicilio para maiores e dependentes

O alcalde de Nigrán, Juan González, asinou o xoves, na delegación territorial da Xunta, a entrada oficial de Nigrán no programa ‘Xantar na Casa’ do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, sendo o primeiro municipio na comarca do Val Miñor.

O alcalde de Baiona mantén unha reunión telemática coa Consellería de Sanidade e suspende a programación cultural do Nadal ata nova orde

Carlos Gómez Prado, alcalde de Baiona, mantivo onte xoves ao mediodía unha reunión telemática con responsables da Consellería de Sanidade na que se valorou a evolución epidemiolóxica da Covid-19, despois de que se comunicase que o municipio se atopa en nivel de alerta máxima.

O Concello de Nigrán desbloquea a situación administrativa do antigo ambulatorio de Panxón para poder obter a cesión a inicios de ano

O Concello de Nigrán ven de desbloquear esta semana a situación administrativa do antigo ambulatorio de Panxón que impedía, ata agora, a cesión da Tesorería General de la Seguridad Social a favor do consistorio.

Baiona levará a Pleno unha declaración institucional de apoio ao Baíña F.S.

O Grupo de Goberno do Concello de Baiona levará ao pleno telemático de hoxe venres, 18 de decembro, unha Declaración Institucional de apoio ao...

O Concello de Nigrán agasalla con cestas de Nadal ao seu voluntariado do Banco de Alimentos, Roupeiro Municipal e eliminación de velutinas

O alcalde de Nigrán, Juan González, e as ediles de Servizos Sociais e Voluntariado, Bibiana Peixoto e Patricia Diego, xunto ao de Sanidade, Alfonso Vázquez, entregaron esta mañá persoalmente ao grupo de voluntariado do Concello as xa tradicionais cestas de Nadal.

Concello, Deputación e Fundación Érguete clausuran o programa de emprego inclusivo da Fundación Érguete en Nigrán

Fundación Érguete-Integración, Deputación de Pontevedra e o Concello de Nigrán celebraron esta mañá no Auditorio Municipal a clausura do curso ‘Acompañante de transporte escolar e comedor escolar’ e 'Auxiliar de Comercio' de mellora da empregabilidade dirixido a desempregados.

Baiona mellora a súa eficiencia enerxética no vial do rompeolas co cambio de luminarias por tecnoloxía LED

O Concello de Baiona continúa co seu plan para mellorar a iluminación pública da localidade. Nese sentido, procedeuse á substitución de todas as luminarias do vial da estrada a Camposantos, desde a rotonda da saída a autoestrada en Rocamar ata o Rompeolas, por tecnoloxía LED, para así conseguir unha iluminación de maior calidade, unha maior eficiencia enerxética e un aforro de enerxía.

O Concello de Baiona pasa ao nivel máximo de restricións

O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da Covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de onte pola tarde pasar ao nivel máximo de restricións ao concello de Baiona.

O Concello de Nigrán inicia o reparto dos xoguetes recadados e crea un banco municipal para que esté operativo todo o ano

O Concello de Nigrán iniciou esta mañá no Pavillón Municipal de Panxón o reparto dos xoguetes recadados na campaña solidaria 'Agasallos de Corazón' que aínda remata este venres 18 de decembro e que xa é a maior na Historia do municipio.

Nigrán mantén a súa colaboración coas comunidades de augas veciñais renovando os colectores de “A Revolta-Piñeiros” en Camos

O Concello de Nigrán aposta por preservar as traídas de augas veciñais privadas investindo naquelas que desexan manter de cara ao futuro este servizo básico para as parroquias de Camos e Chandebrito, onde non chega ao 100% o abastecemento municipal.

O Concello de Nigrán leva desde hoxe e ata o martes 22 o Paxe Real e o Buzón Real a todas as parroquias

O Concello de Nigrán arranca a programación de Nadal coa xira do Paxe Real e o Buzón Real polas sete parroquias do municipio desde hoxe en Chandebrito (A.V. O Castro, de 17:00 a 19:00 horas) e ata o martes 22.

Segunda recollida solidaria de contos en Nigrán

Esta iniciativa comezou o ano pasado polo Nadal e, debido ao éxito, volverá repetir este ano. A intención é que cada vez se faga máis grande e haxa máis participación. Este ano, ‘Onde viven os contos’, xunto co Pazo de Cea e Tatarina, convidan as familias a un espectáculo musical para todas as idades, da man de Lohengrin Teatro, co seu espectáculo “A mirada dás volvoretas”.