O alcalde de Nigrán, Juan González, e as ediles de Servizos Sociais e Voluntariado, Bibiana Peixoto e Patricia Diego, xunto ao de Sanidade, Alfonso Vázquez, entregaron esta mañá persoalmente ao grupo de voluntariado do Concello as xa tradicionais cestas de Nadal.
O goberno local agradece cada ano deste xeito o esforzo deste grupo que traballa desinteresadamente no Banco Municipal de Alimentos, o Roupeiro Municipal ou, como é o caso de Jesús Barros, exterminando avispas velutinas co concelleiro de Sanidade.
“Grazas a vos é posible que saian adiante cuestións claves para este goberno local que se encadran na vertente social de ‘Un Nigrán para todos’ e tamén na loita pola contención e erradicación da avispa asiática na localidade. Estades ao servizo da veciñanza de xeito totalmente desinteresado durante todo o ano e desde o Concello compre agradecelo tamén públicamente. Grazas pola vosa solidariedade, compromiso e bo facer”, subliñou o alcalde, Juan González.
[su_image_carousel source=”media: 27350,27349″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]