Concello de Nigrán e Asociación de Empresarios Ovalmi realizaron este mediodía o sorteo público no Auditorio Municipal de 1.300 € en vales de 50 € para consumir en 26 locais hostaleiros do municipio durante todo o 2021 (cada vale corresponde a un determinado negocio). O resultado pode consultarse na web municipal e os afortunados poderán recollelo a partir do luns 11 de xaneiro, de 10:00 a 14:00, nas oficinas de Ovalmi na Praza Rosalía de Castro, 3).
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada en Nigrán o martes día 12 de xaneiro e mércores día 13 de xaneiro.
Este autobús estará emprazado diante da Casa do Concello de Nigrán o martes 12 en horario de tarde de 16:00 ás 21:00 horas e o mércores 13 no mesmo horario e emplazamento.
O Concello de Nigrán ven de investir 10.160 € a través das baixas do Plan Concello 2018-2019 na ampliación dos elementos de xogo do parque infantil de Praia América. En concreto, instalouse un novo conxunto modular composto por torres con tellado, ponte, tobogán, rede e elementos para trepar, escaleira e un coumpio para nenos e outro para bebés.
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, quere “felicitar publicamente o labor de axuda, solidariedade e servizo ás familias menos favorecidas, a todo o grupo de voluntarias e voluntarios, que colaboraron nas labor de comprar, e mesmo, aquelas persoas particulares que fixeron achegas para que todas as nenas e nenos, independentemente da situación económica das súas familias, poidan gozar de agasallos novos e dun Nadal feliz”.
O Concello de Nigrán abre desde hoxe e ata o 17 de febreiro o prazo para que taxistas e sector hostaleiro do municipio afectado polo peche sanitario de novembro poidan solicitar as primeiras axudas municipais da comarca.
Os Reis Magos de Oriente cumprirán a súa anunciada promesa aos nenos e nenas de Nigrán multiplicando a súa visita ao municipio con tres ‘cabalgatas’ simultáneas só posibles grazas a súa maxia e á colaboración das entidades veciñais e culturais. Deste xeito, a comitiva real ao completo visitará ao longo do día 5 un punto neurálxico de cada parroquia co obxectivo de evitar concentracións e cumplir estrictamente co protocolo sanitario. O Concello repite así mesma filosofía levada a cabo coa programación cultural para a infancia.
O Concello de Nigrán ofrece como colofón final á programación cultural de Nadal o concerto de Xardín Desordenado mañá 6 de xaneiro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal con entrada limitada ao aforo sanitario.
Todo preparado en Gondomar para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente que, a pesar das circunstancias que estamos a vivir, non quixeron deixar de pasar polo municipio e participar nunha cabalgata algo diferente pero igual de especial que a doutros anos.
O Concello de Baiona, ao igual que case que todos os concellos galegos, decidiu modificar a súa tradicional cabalgata de Reyes, que habitualmente percorría as súas rúas máis importantes o 5 de xaneiro, para trocala por unha “cabalgata visitable e estática”, coas tres carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar que os veciños e veciñas poderán admirar, con distancia de seguridade, no parque da Palma.
Os Reis Magos de Oriente cumprirán a súa anunciada promesa aos nenos e nenas de Nigrán multiplicando a súa visita ao municipio con tres ‘cabalgatas’ simultáneas só posibles grazas a súa maxia e á colaboración das entidades veciñais e culturais.
O alcalde de Baiona e presidente da Mancomunidade de Municipios do Val Miñor durante o 2020, Carlos Gómez Prado, acompañado polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitou as obras de mellora que se están levando a cabo nas instalacións da Piscina Mancomunada situada na Ramallosa, Nigrán.
A Xunta de Galicia vai investir preto de 293.000 euros nas obras de mellora enerxética e funcional do IES Primeiro de Marzo, de Baiona, o que incidirá nunha mellor ventilación neste centro de acordo co protocolo COVID.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.