11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránConcello de Nigrán e Ovalmi sortean 1.300 € en vales para gastar...

    Concello de Nigrán e Ovalmi sortean 1.300 € en vales para gastar en 60 locais hostaleiros do municipio

    Este mediodía realizouse o sorteo público de 26 vales de 50 € para consumir cada un deles nun dos 26 locais hostaleiros participantes nesta campaña de Nadal para promover o consumo local

    Concello de Nigrán e Asociación de Empresarios Ovalmi realizaron no mediodía de onte o sorteo público no Auditorio Municipal de 1.300 € en vales de 50 € para consumir en 26 locais hostaleiros do municipio durante todo o 2021 (cada vale corresponde a un determinado negocio). O resultado pode consultarse na web municipal e os afortunados poderán recollelo a partir do luns 11 de xaneiro, de 10:00 a 14:00, nas oficinas de Ovalmi na Praza Rosalía de Castro, 3). A iniciativa forma parte da campaña municipal de promoción do comercio local ‘Agora máis que nunca este Nadal merca en Nigrán’, mediante a cal se distribuíron 18.000 papeletas entre 60 establecementos comerciais asociados para que repartisen entre os seus clientes.

    “É un xeito máis de promover o consumo nos negocios locais e, ao mesmo tempo, beneficiar cos premios aos hostaleiros”, resume o alcalde, Juan González, quen subliña que aos adheridos a Ovalmi tamén se lle ofreceu pintar o escaparate coas letras artísticas #VivoEnNigranComproEnNigrán, distribuíronse 8.000 bolsas de papel kraft co meso lema e estreouse un vídeo ao respecto con gran acollida.

    “Quixemos motivar máis que nunca ao consumo local durante o Nadal e, segundo os propios comerciantes, foi unha moi boa campaña. Agora traballaremos desde o Concello para consolidar esta idea entre a veciñanza como forma de vida e de consumo responsable”, resume o alcalde. A listaxe completa de gañadores e gañadoras pode consultarse nesta ligazón.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.