A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada en Nigrán o martes 12 e mércores 13 de xaneiro

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada en Nigrán o martes día 12 de xaneiro e mércores día 13 de xaneiro.

Este autobús estará emprazado diante da Casa do Concello de Nigrán o martes 12 en horario de tarde de 16:00 ás 21:00 horas e o mércores 13 no mesmo horario e emplazamento.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Para maior seguridade, pide a túa cita previa para doar no 900 100 828.

  • Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas
  • Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar

Informe ao médico se está a tomar algún medicamento.

from to
Scheduled Nigrán