Domingo, 6 Xullo de 2025

Val Miñor

O Concello de Nigrán retoma a atención presencial no roupeiro municipal

O Concello de Nigrán, ante a mellora sanitaria da localidade, reabre co seu voluntariado o Roupeiro Municipal no horario habitual, os mércores e xoves de 10:00 a 12:30 horas e venres de 16:30 a 18:00 con cita previa no 986383081.

O Concello de Baiona instala varios contedores para a recollida selectiva de roupa usada con fin social

O Concello de Baiona instalou en distintos puntos do municipio varios contedores para a recollida selectiva de roupa usada con fins sociais. A actuación é posible grazas a un convenio de dous anos de duración asinado polo consistorio baionés e a Fundación Humana.

Aberto o período de exposición pública da Ordenanza Reguladora do Patrimonio Municipal el supostos de Emerxencia Social

O Concello de Baiona informa de que está aberto o período de exposición pública da Ordenanza Reguladora do Patrimonio Municipal en Supostos de Emerxencia Social ata o próximo 7 de marzo.

Nigrán incorporará as súas dúas primeiras especies ao catálogo de ‘Árbores senlleiras de Galicia’ para outorgarlles máxima protección

O Concello de Nigrán presentará as súas dúas primeiras especies para que se incorporen ao catálogo de 'Árbores senlleiras de Galicia' creado pola Xunta no 2007 co obxectivo de outorgarlles a máxima protección.

Nigrán aproba ampliar as axudas ao sector hostaleiro a empadroados con negocio fora do municipio e non empadroados con establecemento en Nigrán

O goberno de Nigrán aprobou por unanimidade unha moción para ampliar o criterio das axudas municipáis ao sector hostaleiro para que inclúa tamén como beneficiarios aos autónomos empadroados no municipio pero con negocio fora da localidade e viceversa (autónomos non empadroados en Nigrán pero con negocio no municipio). Igualmente, no sector do taxi contémplase tamén como beneficiarios a aqueles empadroados en Nigrán e con licencia do propio Concello independentemente de onde teña o domicilio fiscal o vehículo.

Martín de la Puente ofrece unha charla ao alumnado do CPI Cova Terreña

O alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI Cova Terreña asistiu por videoconferencia a unha charla-entrevista, ofrecida polo novo tenista vigués Martín de la Puente, no que lles explicou os pormenores da súa vida, da súa carreira deportiva e a forma en que afronta os restos aos que se enfronta tanto na vida como no deporte.

O Concello de Nigrán celebra, a través de ‘Un Nigrán para todos’, o Día Mundial da Xustiza Social cunha tertulia online este xoves

O Concello de Nigrán, a través do grupo de traballo sobre discapacidad ‘Un Nigrán para todos’, celebrará finalmente este xoves 25 ás 19:30 horas o Día Mundial da Xustiza Social cuxa efeméride foi o sábado 20.

Nigrán proxecta a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP Carlos Casares aproveitando a tomada municipal ao seu carón

O Concello de Nigrán consignará 7.000 € do orzamento municipal 2021 á redacción dun proxecto paisaxístico para crear un 'Bosque-Escola' no CEIP Carlos Casares aproveitando a parcela municipal ao su carón coñecida como 'Souto Casares'. O deseño correrá a cargo do programa #Mestradeobra que o colectivo galego Sistema Lupo ven realizando en colexios públicos de Galicia e que a comunidade educativa de Vilariño ten como referencia ao defender o xogo como o mellor método de aprendizaxe.

Baiona quere trazar camiño para ser referente na posta en marcha da Axenda Urbana 2030

O Concello de Baiona traballa na posta en marcha da Axenda Urbana Baiona 2030 coa misión de aliñar as políticas municipais coa Axenda Urbana Española e as políticas da Unión Europea. O Concello, sinala o alcalde Carlos Gómez, busca “situar ao municipio nun lugar preferente á hora de optar a fondos europeos que, dadas as prioridades continentais e mundiais, primará os comportamentos das institucións e entidades comprometidas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a Axenda 2030 e a propia Axenda Urbana Española”.

O mercado de venta ambulante reanuda a súa actividade en Gondomar

Ante o descenso de casos de Covid-19 confirmados no concello de Gondomar e o abandono do nivel de alerta vermella no municipio, o goberno local decidiu, a través da súa Concellería de Comercio, reanudar a actividade do mercadillo ambulante o vindeiro martes 23 de febreiro.

O Concello de Baiona realizará a reconstrución dun muro en Belesar

O Concello de Baiona realizará unha intervención na parroquia de Belesar. En concreto, trátase da reconstrución dun muro de contención no Camiño Lameiriño, na Granxa, e o posterior arranxo e asfaltado da zona.

Baiona confirma que o luns 22 de febreiro retomarase o mercadillo de Sabarís

A Concellería de Comercio e Mercado do Concello de Baiona informa de que, tras a confirmación da boa tendencia á baixa, en canto á incidencia de Covid-19 no municipio, o vindeiro luns 22 de febreiro vai retomar o mercadillo semanal dos luns de Sabarís.