Domingo, 6 Xullo de 2025

Val Miñor

O Concello de Baiona ilumínase de verde para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer

Esta noite, a fachada do Concello de Baiona iluminarase de cor verde con motivo da conmemoración do Día Mundial do Alzhéimer, efeméride instituida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e auspiciada por Alzheimer Disease Internacional (ADI) en 1994.

Gondomar renova a actividade deportiva dirixida aos seus maiores

Aos poucos logrouse e de novo recuperan a cita que semanalmente teñen os maiores da comarca de Gondomar no Pavillón Municipal de Deportes cos hábitos saudables.

Baiona organiza unha marcha en bicicleta con motivo da celebración do Día da Cidade sen Coches

O vindeiro mércores, 22 de setembro, celebrarase o "Día da Cidade sen Coches", orixe da iniciativa europea a Semana Europea da Movilidad, que pretende atopar novas solucións aos problemas asociados ao aumento do tráfico nas cidades.

Nigrán abre este martes 21 a inscrición nas actividades socio-deportivas e culturais municipais

O Concello de Nigrán abre desde este martes 21 de setembro e ata o venres 24 de setembro o prazo para que os empadroados do municipio se inscriban nas actividades socio-deportivas e culturais municipais, que arrincarán o 4 de outubro e rematarán o 31 de maio. Igualmente, o Concello abrirá novamente o prazo de inscrición do 28 ao 30 de setembro (aquí poden anotarse os non empadroados) para aquelas actividades nas que aínda quedase aforo.

Nigrán ofrece o vindeiro venres un coloquio co laureado surfista cego Aitor ‘Gallo’ dentro dos Campionatos de Surf Adaptados

O Concello de Nigrán ofrecerá o vindeiro venres 24 de setembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a charla do surfista Aitor ‘Gallo’ Francesena, actual campión nacional e internacional de Surf Adaptado na categoría para cegos e quen tratará de revalidar estes títulos en Patos, praia que coñece pero onde todavía non surfeou.

Baiona inicia a vindeira semana as obras de sanemento do barrio da Percibilleira cun investimento superior aos 186.000 euros

O Concello de Baiona inicia a próxima semana os traballos de renovación das tubaxes de saneamento, auga potable e recollida de pluviais do barrio baionés da Percibilleira. Tamén levarán a cabo traballos de renovación do asfaltado de toda a zona. Un proxecto cun investimento de 186.184,55 euros con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

O Concello de Baiona organiza un programa de actividades na Semana Europea da Mobilidade

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Movilidad, organizou un programa de actividades para celebrar a Semana Europea da Mobilidade, que se vai a celebrar do 16 ao 22 de setembro. A concelleira Conchy Vara, presentou onte o programa que se desenvolverá baixo o lema 'Pola túa saúde, móvete de forma sostible'.

Gondomar convida á veciñanza a participar no “Proxecto Ríos” e protexer o entorno natural do municipio

O concello de Gondomar adhírese un ano máis ao 'Proxecto Ríos' e á limpeza simultánea que os seus organizadores, a asociación ambiental ADEGA, desenvolverán o próximo 26 de setembro en diferentes municipios de Galicia.

Nigrán súmase por segundo ano consecutivo ao proxecto libera ‘1M2 polas praias e mares’ cunha limpeza matinal este domingo

O Concello de Nigrán súmase por segundo ano consecutivo ao proxecto Libera '1m2 polas praias e mares' cunha xornada de limpeza matinal este domingo 19 de setembro en Praia América. O punto de encontro é ás 11:00 horas no campo de fútbol de Lourido, desenvolvéndose a acción especialmente na contorna do peirao, onde só é posible a limpeza manual.

Nigrán ofrece catro contacontos de dinamización á lectura dende este vindeiro venres ata o 8 de outubro

O Concello de Nigrán, a través da Biblioteca Municipal, ofrece semanalmente desde este venres no Auditorio Municipal e ata o 8 de outubro catro contacontos infantís a través do programa de dinamización á lectura “Ler conta Moito”. Por cuestións de seguridade sanitaria, é imprescindible a inscrición previa para cada un deles na propia biblioteca, no correo [email protected] ou no 986 383 979.

A Piscina Mancomunada de Val Miñor anima a reactivarse, poñerse en forma e volver sentir o deporte

A Piscina Mancomunada de Val Miñor, un dos centros deportivos de referencia na zona e xestionado por Serviocio, lanzou este setembro unha campaña de reactivación para todas esas persoas que practicaban deporte pero que o deixaron no último ano e medio.

‘O teu alcalde responde’, nova sección da web do Concello de Baiona

A web do Concello de Baiona (www.baiona.gal) ofrece unha nova sección, 'Ou teu alcalde responde', unha pestana que aparece na portada xunto cunha foto do actual presidente da Corporación, Carlos Gómez Prado, e na que tras cubrir un pequeno formulario, a cuidadanía poderá expresar as súas dúbidas, suxerencias, queixas, propostas, opinións ou facer unha solicitude de información directamente o alcalde de Baiona.