O concello de Gondomar adhírese un ano máis ao ‘Proxecto Ríos’ e á limpeza simultánea que os seus organizadores, a asociación ambiental ADEGA, desenvolverán o próximo 26 de setembro en diferentes municipios de Galicia.
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Gondomar anima á veciñanza que se sumen á limpeza dos ríos Zamáns e Miñor dentro da aposta clara do Goberno local por fomentar iniciativas que permitan defender o medioambiente e a contorna natural, nesta ocasión a actividade será coordinada pola concellería de Medio Ambiente dende a que se anima á veciñanza que se sume á limpeza dos ríos Zamáns e Miñor.
Os interesados en participar poderán inscribirse chamando ao teléfono 986 360125 ou no correo medioambiente@concellodegondomar.gal, onde deberán deixar o seu nome e apelidos completos e o DNI. No caso de menores de 18 anos deberán ir acompañados por un adulto que se responsabilice deles.
A limpeza comezará ás 10.00 da mañá do domingo 26 de setembro e o punto de encontro será a Ponte das Ánimas. Os voluntarios e voluntarias recibirán máscaras, unha camiseta conmemorativa do evento, bolsas e luvas, así como unha pequena merenda, ofrecida polo Concello ao remate da actividade.
Dende a concellería sublíñase a importancia destas accións como un elemento fundamental para a educación e sensibilización ambiental dos cidadáns. “A pesar dos avances logrados nos últimos anos e a mellora da calidade dos nosos ríos, “queda moito traballo que facer”, afirma o edil Brais Misa, quen lembra que nese camiño continuará actuando o goberno local.
Na edición do pasado ano do ‘Proxecto Ríos’ os voluntarios retiraron un total de 800 quilos de residuos das ribeiras e do leito do río Miñor e as desembocaduras do Zamáns e do Morgadáns.