Martes, 8 Xullo de 2025

Val Miñor

O Festivaliño chega a Baiona e Sabarís

A vindeira fin de semana chega o “Festivaliño” a Baiona. Trátase dun pequeno gran festival, un proxecto de distribución, exhibición e creación de cine infantil para nenos e nenas.

Nigrá, Baiona e Gondomar reciben un investimento extraordinario da Deputación de Pontevedra

“Ningunha Administración investiu tanto e con tanto tino para transformar os tres concellos do Valmiñor”. Así o reivindicou hoxe a presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante a súa comparecencia para render contas dos seis anos transcorridos dende o cambio no Goberno provincial.

Nigrán continúa coa súa programación da memoria homenaxeando a Xohana Torres

O Concello de Nigrán continúa coa súa programación especial adicada á ‘Memoria’ coa homenaxe este sábado 20 de novembro a Xohana Torres (Santiago, 1931 - Vigo, 2017), unha das escritoras máis importantes da posguerra e o franquismo en lingua galega e que mantivo un especial vínculo co municipio ao pasar en Monteferro boa parte da súa vida.

Baiona abre o prazo para o programa de Conciliación Nadal 2021

O Concello de Baiona vén de anunciar a apertura do prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa de Conciliacion Nadal. As persoas interesadas poden recoller as bases no rexistro do Concello de Baiona, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h , descargalas do taboleiro de anuncios virtual da da páxina web do Concello ou solicitalas por e-mail no enderezo electrónico [email protected] .

Gondomar aposta pola sensibilización e denuncia da violencia machista en todas as súas expresións no programa do 25N

O Goberno local de Gondomar, a través da súa concellería de Igualdade dirixida por Nuria Lameiro, programou diversas actividades para que a sensibilización e a denuncia da violencia machista "en todas as súas expresións" sexan o eixo ao redor do que xire o programa do 25N.

Comezan as obras de reforma das casas dos mestres en Nigrán

O Concello de Nigrán iniciou a semana pasada as obras para transformar as antigas casas dos mestres de Vilameán ao carón da Casa Consistorial nun local social a disposición da terceira idade.

O PP de Nigrán reclama desenvolver plan integrado de mobilidade sostible para o municipio

O PP de Nigrán presentará no próximo pleno unha moción para que o Goberno municipal desenvolva un plan de transporte integral para o Concello de Nigrán, acordado coa veciñanza.

A ‘Cidade do átomo’ de Iria Misa, nas bibliotecas dos centros educativos de Baiona

O pasado día 12 de Novembro, o Multiusos de Sabarís acolleu a presentación da nova novela de Iria Misa, 'A cidade do átomo'. Ao finalizar o acto, a concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira, fixo entrega de varios exemplares a algunhas direccións dos centros que acudiron á presentación.

Gondomar pon en marcha a II edición de “Gondoilusión”

Por segundo ano consecutivo ponse en marcha “Gondoilusión, ningún neno e nena sen agasallo” coa que “pretendemos que esta volta tan lenta á normalidade á que nos obrigou a Covid-19 teña as menores repercusións posibles para aqueles que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade social e económica”.

Gondomar dá luz verde ao seu Plan de Acción para o Clima e Enerxía Sostible (PACES)

A aprobación por unanimidade no pleno da corporación municipal é un paso máis dentro do proceso iniciado hai unhas semanas co encontro de traballo presidido polo alcalde, Paco Ferreira e o concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, coa presenza de técnicas do departamento e outros membros do goberno local.

Nigrán ofrece o 27 de novembro un concerto e unha masterclass a cargo do pianista Jean-Michel Pilc

O Concello de Nigrán reforza a súa ligazón co jazz ofrecendo o sábado 27 de novembro un concerto do pianista internacional Jean-Michel Pilc e unha master-class.

Gondomar organiza unha andaina por Peitieiros

O Concello de Gondomar prepara a unha nova andaina dentro do programa “Descobre Gondomar, paso a paso”, promovido a través da concellería de Turismo.