O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán 'Equilibrio Natural', ofrece este martes 11 un roteiro especial por Monteferro coincidindo co solpor. Os interesados deben inscribirse previamente no mail [email protected] indicando os seus datos e presentarse ás 19:00 no Monumento á Mariña Universal no alto de Monteferro.
O Concello de Nigrán empregará o rap e estilos afíns (trap, R`n`b, EDM, reggaton...) para sensibilizar entre a mocidade sobre as desigualdades de xénero e a violencia aparellada. Deste xeito, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) ofrece gratuítamente desde o 17 deste mes “Obradoiros de Rap e música urbana” a cargo da escola de música de Nigrán 'Gain Over', composta por artistas locais de bandas tan recoñecidas como Blue Monk.
O Concello de Nigrán, a través da empresa concesionaria Aqualia, ven de rematar as obras de conexión á rede municipal de saneamento na rúa Vilariño de Abaixo tras acadar finalmente o acordo de todos os propietarios despois de anos. Deste xeito, os interesados xa poden tramitar esta conexión que beneficia a 10 vivendas e 5 parcelas pendentes de urbanizar.
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán 'Equilibrio Natural', ten aberto o prazo de inscrición no mail [email protected] para participar no roteiro guiado deste xoves 6 polo litoral con saída ás 10:00 horas desde a Alameda de San Campio en A Ramallosa e o sábado en Parada (roteiro de 'Os Mouros´) con saída ás 10:00 desde a rúa Areíña. As prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude. O Concello facilitará intérprete de lingua de signos en caso de que algunha das persoas que se inscriba indique esta necesidade no correo electrónico. O seguinte roteiro será o martes 11 por Monteferro coincidindo co solpor.
O Concello de Nigrán celebra este venres e sábado o seu exitoso festival 'Solpor' no espazo público Dunas de Gaifar con Toni Lomba e Llorente&Tribu o venres e Deteriorados e La Franga o sábado. O evento musical organizado desde o Concello, como xa anunciara, abandona este ano o miradoiro de Monteferro para poder manter a gratuidade do mesmo cumprindo ao mesmo tempo con todas as garantías sanitarias, polo que o aforo será reducido e o público deberá permanecer en cadeiras.
O Club Baloncesto Nigrán e o Panxón Nigrán FS organizan, conxuntamente, o primeiro Campus Multideporte, actividade que conta coa colaboración do Concello de Nigrán. O Campus desenvolverase nas instalacións do Pavillón Municipal de Panxón en dúas quendas, a primeira desde o día 10 ao 17 de agosto e a segunda quenda do 17 ao 21.
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, continúa este mércores 5 de agosto ás 20:30 na Praza do Concello o programa “A igualdade non é un conto”, dirixido á infancia e que inclúe varios contacontos, un espectáculo de maxia e outro de monicreques que se desenvolverán ata o día 5 de setembro en diferentes ubicacións.
O alcalde de Nigrán, Juan González, xunto a 'A.V. Monteferro', comunicou onte á veciñanza da contorna de Otero Pedrayo a aprobación onte por parte do Consello da Xunta do cambio de titularidade desta rúa a favor municipal, o que permitirá ao fin ao Concello emprender obras de humanización en solitario por valor de 1,5 millóns de euros. O goberno local levaba seis anos reclamando á Xunta unha intervención nesta estrada autonómica, que se atopa nun estado calamitoso e conta coas beiravías peor conservadas da provincia
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, continúa este domingo ás 20:30 no esteiro de A Foz (escenario Niranjazz) o programa “A igualdade non é un conto”, dirixido á infancia e que inclúe varios contacontos, un espectáculo de maxia e outro de monicreques que se desenvolverán ata o día 5 de setembro en diferentes ubicacións.
Non adoita o Concello de Nigrán de facer presentacións sobre todo nestes temas nos que a pandemia segue marcando a rutina diaria. Pero, como sinalou o alcalde de Nigrán, Juan González, "hoxe era de xustiza facela" para presentar a saída ao mercado da cervexa promocional Nigrán, equilibro natural saída da firma miñorana Trisk-ale fundada polos irmáns Andrés e Roberto Toledano e, a modo de acompañamento desta presentación, dar a coñecer un amplo programa de actividades para o mes de agosto "que se farán cumprindo polo miúdo todas as garantías sanitarias", sinalou o rexedor local.
As respectivas concelleiras de Asuntos Sociais de Nigrán e Baiona, Bibiana Peixoto e Concepción Vara, reuníronse esta mañá con técnicos da Asociación Arela, Eva Piñeiro e Julio Barreiro, de cara a promover entre a súa veciñanza o programa 'CONVIVE.COMigo', unha iniciativa na que esta entidade e Xunta de Galicia buscan conseguir persoas ou familias que queiran convivir cun/cunha adolescente que teña a obriga de cumprir unha medida xudicial (convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo).
O Concello de Nigrán abre mañá ás 20:00 horas na Praza do Concello os festexos de San Fiz, patrón do municipio, co Paiaso Popín e a gran estrea de 'O Estrano caso do dentista da rúa Brasov', de Troula. As actividades infantís continuarán o venres 31 de xullo no mesmo horario e localización con Rey Midas e Valeria Varitas, que ofrecerán parte da maxia que regalaron por videoconferencia aos nenos de aniversarios durante o confinamento.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.