Luns, 9 Decembro de 2024

Nigrán abre a inscrición para participar nun roteiro por Monteferro o martes 11 coincidindo co ‘Solpor’

Os interesados deben anotarse no mail [email protected] aportando os seus datos. Segue aberto o prazo para anotarse no roteiro dos Mouros o sábado 8 (Parada). En ambos casos as prazas están limitadas por cuestións de seguridade sanitaria

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán ‘Equilibrio Natural’, ofrece este martes 11 un roteiro especial por Monteferro coincidindo co solpor. Os interesados deben inscribirse previamente no mail [email protected] indicando os seus datos e presentarse ás 19:00 no Monumento á Mariña Universal no alto de Monteferro.

O percorrido constará de 6 km e dunha duración de 2,5 h. Por outra banda, segue aberto prazo para anotarse ao do sábado na parroquia de Parada (roteiro de ‘Os Mouros´) con saída ás 10:00 desde a rúa Areíña.

En ambos casos as prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude. Igualmente, o Concello facilitará intérprete de lingua de signos en caso de que algunha das persoas que se inscriba indique esta necesidade no correo electrónico.