9.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán ofrece á mocidade obradoiros de rap e música urbana para rachar...

    Nigrán ofrece á mocidade obradoiros de rap e música urbana para rachar coas desigualdades de xénero

    O prazo de inscrición para participar nestes obradoiros semanais gratuítos arranca o xoves día 6, debendo descargarse a ficha das redes sociais do CIM ou OMIX

    O Concello de Nigrán empregará o rap e estilos afíns (trap, R`n`b, EDM, reggaton…) para sensibilizar entre a mocidade sobre as desigualdades de xénero e a violencia aparellada. Deste xeito, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) ofrece gratuítamente desde o 17 deste mes “Obradoiros de Rap e música urbana” a cargo da escola de música de Nigrán ‘Gain Over’, composta por artistas locais de bandas tan recoñecidas como Blue Monk. O prazo de inscrición arranca mañá mesmo e está destinados a persoas con idades comprendidas entre os 12 e 18 anos, tendo prioridade os empadroados (no caso de vacantes poderán participar de outros municipios). Os obradoiros están financiados polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, realizándose no CEIP Humberto Juanes.

    “Cremos que, precisamente a través da música que a mocidade acostuma a escoitar e de músicos moi coñecidos en todo o Val Miñor, podemos chegar a eles máis facilmente con mensaxes que rachen cos estereotipos de xénero e que preveñan a violencia. Eles mesmos son os actores do cambio que queremos promover”, resume Patricia Diego, edil de Igualdade.

    A través deste recurso pedagóxico innovador preténdese sensibilizar á mocidade sobre as desigualdades de xénero e promover a crítica social ante esta violencia, sendo os obxectivos máis específicos que o alumnado aprenda a identificar tópicos sexistas, previr noivados abusivos e convertilos a eles mesmos en protagonistas do cambio. Durante o obradoiro gravarán e producirán un vídeo-clip musical con letra centrada neste contexto e que se distribuirá a través das redes sociais para achegar o proxecto a toda a poboación.

    En total desenvolveranse en catro quendas cunha duración de 10 horas e cun máximo de 10 participantes cada unha nas seguintes datas: do 17 ao 21 de agosto (10:00 a 12:00/ 12:00 a 14:00) e do 25 ao 31 de agosto (10:00 a 12:00/12:00 a 14:00). O período de inscrición comeza o día 6 de agosto e remata o día 14 de agosto no caso dos obradoiros que se desenvolven entre o 17 e o 21 de agosto, nos que teñen lugar do 25 ao 31 de agosto o período de inscrición rematará o día 21 de agosto. As persoas interesadas deberán remitir a folla de inscrición (poderán descargarse no Facebook Cim de Nigrán, Facebook OMIX Concello Nigrán, Instagram OMIX Nigrán ) acompañada da copia do DNI ao seguinte enderezo electrónico: cim@nigran.org.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.