18.3 C
Pontevedra
Mércores, 16 de Outubro de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro do xoves polo...

    Nigrán abre o prazo de inscrición para o roteiro do xoves polo litoral e do sábado en Parada

    Os interesados en participar deben inscribirse no mail turismo@nigran.org aportando os seus datos e, si é o caso, indicando se precisan de intérprete de lingua de signos

    O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán ‘Equilibrio Natural’, ten aberto o prazo de inscrición no mail turismo@nigran.org para participar no roteiro guiado deste xoves 6 polo litoral con saída ás 10:00 horas desde a Alameda de San Campio en A Ramallosa e o sábado en Parada (roteiro de ‘Os Mouros´) con saída ás 10:00 desde a rúa Areíña. As prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude. O Concello facilitará intérprete de lingua de signos en caso de que algunha das persoas que se inscriba indique esta necesidade no correo electrónico. O seguinte roteiro será o martes 11 por Monteferro coincidindo co solpor.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.