Domingo, 11 Maio de 2025

Nigrán

O Campus do C.B. Nigrán e F.S. Panxón, ‘campus seguro’ grazas a unha cabina desinfectante cedida pola empresa porriñesa ‘Ramecq’

O Concello de Nigrán estreou esta semana no Pavillón Municipal durante o campus multideporte do Club Baloncesto Nigrán e Panxón-Nigrán Fútbol Sala unha cabina de desifección cedida para a ocasión pola empresa porriñesa Ramecq, fabricante da mesma. A cabina, instalada na entrada deste espazo municipal, permite que unha vez que se introduza nela a persoa se nebulice líquido desinfectante (auga ionizada), controle a temperatura e dispense xel hidroalcohólico, ademais de contar con alfombrilla especial para os zapatos.

Nigrán abre a inscrición para un novo roteiro por Monteferro o martes 18 coincidindo co solpor

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán 'Equilibrio Natural', ofrece novamente este martes 18 de agosto un roteiro especial por Monteferro coincidindo co solpor ante o éxito do celebrado a semana pasada. Os interesados deben inscribirse previamente no mail [email protected] indicando os seus datos e presentarse ás 19:00 no Monumento á Mariña Universal no alto de Monteferro.

Nigrán colabora no ‘Beachmarket’ desta fin de semana en Gaifar co concerto da ‘Asociación Folclórica Vila de Baiona’

O Concello de Nigrán colabora cos comerciantes do municipio na celebración do 'Beachmarket' deste fin de semana no espazo municipal Dunas de Gaifar (Panxón). Nesta ocasión desenvolverase durante todo o sábado e domingo (de 11:00 a 22:00 horas) e contará como colofón final coa actuación da 'Asociación Folclórica Vila de Baiona' o domingo ás 20:00 horas.

O Concello de Nigrán adía os concertos de Carlos Núñez esta fin de semana en Monteferro ante a previsión de choiva

O Concello de Nigrán e a empresa que organiza o concerto de Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro no solpor deste sábado 15 e na mañá do domingo 16 de agosto informan que, debido á previsión de choivas, aprazará os dous concertos a unha nova data que será comunicada nos próximos días.

O Concello de Nigrán ofrece hoxe, na Carrasca, a actuación do Rey Midas e Teatro do Ar

Concello de Nigrán ofrece mañá venres na Praza da Carrasca unha actuación do Mago Rey Midas ás 20:00 horas na que realizará moitos dos números que fixo nas videochamadas aos nenos que estiveron de aniversario durante o confinamento e aos que o Concello agasallou deste xeito.

O urbanismo de Nigrán avanza 30 anos tras a entrada en vigor hoxe da ansiada modificación das normas subsidiaria

O urbanismo de Nigrán avanza 30 anos tras a publicación hoxe no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) da modificación puntual número 25 das normas subsidiarias de planeamento urbanístico, o que significa que esta entra xa definitivamente en vigor. Con anterioridade, o 1 de xuño, o DOGA informaba desta aprobación demandada por todos os sectores sociais de Nigrán ante o obsoleto, complexo e ineficaz que resultaba o antigo regulamento de 1991, xa que incluso entraba en contradición coa actual normativa estatal ou autonómica. Ao mesmo tempo, desde o goberno de Nigrán inciden en que continúan coa tramitación do Plan Xeral de Ordenación Urbanística de cara a obter a súa aprobación definitiva.

Nigrán homenaxea ás súas comisións de festas a través da gravación do musical da TVG ‘100 anos de verbena galega’ a cargo de ‘La...

O Concello de Nigrán acollerá este xoves de 22:00 h a 00:30 horas no campo de Lourido a gravación do musical da TVG '100 anos de verbena galega', a cargo de 'La Ocaband' e ao que se sumarán artistas convidados pertencentes ás mellores orquestras do país. O público, limitado e previamente acreditado por razóns sanitarias, estará formado por representantes das diferentes comisións de festas do municipio e entidades culturais.

«As lentes violetas» de ‘Volvoreta e Volvoreta’ levan a Vilariño o programa ‘A Igualdade non é un conto’

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), continúa este mércores 12 de agosto ás 20:30 en Vilariño (capela de Padres Franciscanos) o programa “A igualdade non é un conto”, dirixido á infancia e que inclúe varios contacontos, un espectáculo de maxia e outro de monicreques que se desenvolverán ata o día 5 de setembro en diferentes ubicacións.

Nigrán instala iluminación específica en 9 pasos de peóns como mellora da seguridade viaria

O goberno de Nigrán extrema as medidas para eliminar os atropelos en pasos de peóns do municipio investindo 18.000 € en nove sistemas de iluminación específica. O obxectivo é mellorar a seguridade do camiñante e do conductor en viais onde os pasos non están regulados semafóricamente e resultan especialmente perigosos, cuestión que tamén demandaran as diferentes entidades veciñais. Así, estos reforzos foron instalados por operarios municipais na Ramallosa en Torrente Ballester (2), Avda Portugal (1), Manuel Lemos (2); en Panxón en Arquitecto Palacios e Cidade de Vigo; en Nigrán fronte á Praza do Concello e PO-552.

Nigrán estrea este mércores na Foz o seu novo festival para a rapazada ‘Parrulas Fest’

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán 'Equilibrio Natural', estrea este mércores 12 de agosto na Foz o seu primeiro festival para miudos 'Parrulas Fest', a cargo de 'Charlatana Cooperativa Galega de Artistas'. Deste xeito, no mesmo escenario do Nigranjazz, terán lugar desde o día 12 ao sábado 15 dúas funcións diarias ás 20:00 e 21:30 horas con espectáculos como malabares, maxia, clown, música... Peter Punk, Asacocirco, Pau Segalés, Brais Das Hortas, Mago Paco e Pajarito serán os protagonistas.

Nigrán retoma en setembro o remate da Biblioteca logo dos visto e prace do Consello Consultivo de Galicia á resolución do contrato con Civis...

O Concello de Nigrán retomará definitivamente no mes de setembro as obras da Biblioteca Municipal tras emitir o 22 de xullo o Consello Consultivo de Galicia un ditame favorable á resolución por parte do consistorio do contrato con Civis Global por "incumprimento grave das súas obrigas esenciais". Os traballos foran paralizados unilateralmente pola empresa o 13 de xuño de 2019 ao entender esta que debía realizarse unha modificación do contrato por erros no proxecto, cuestión que rexeita contundentemente o Consello Consultivo á vista de todos os informes presentado por as dúas partes.

Nigrán, en colaboración con Ovalmi, celebra este domingo a feira de oportunidades ‘Portobelo’

O Concello de Nigrán colabora un ano máis coa asociación de empresarios 'Ovalmi' na organización da feira de oportunidades 'Portobelo' este domingo 9 de agosto na Alameda de A Ramallosa. Un total de 28 comerciantes da comarca ofrecerán durante todo o día (de 11:00 a 21:00 horas) os seus mellores descontos en produtos como calzado, pezas de vestir, menaxe, cosméticos...