O Concello de Nigrán colabora un ano máis coa asociación de empresarios ‘Ovalmi’ na organización da feira de oportunidades ‘Portobelo’ este domingo 9 de agosto na Alameda de A Ramallosa. Un total de 28 comerciantes da comarca ofrecerán durante todo o día (de 11:00 a 21:00 horas) os seus mellores descontos en produtos como calzado, pezas de vestir, menaxe, cosméticos…
A feira estará acompañada de diferentes eventos, comezando cunha master-class de zumba ás 11:00 horas a cargo de Bambú e o contacontos pola igualdade ‘Contos do revés’ ás 13:00 a cargo de ‘Donde viven los cuentos’. Xa pola tarde, ás 18:00, terá lugar o concerto de Marcos Rodríguez, derradeiro cantante de Amistades Peligrosas e vocalista en musicais como Grease ou ‘Hoy no me puedo levantar’, de Mecano. Xa ás 20:00 horas Animar-T Teatro representará a obra familiar ‘A historia de Martín’.
Podes descargar toda a información nesta ligazón.