Mércores, 14 Maio de 2025

Nigrán

Nigrán controlará, mediante gardas de seguridade nos cemiterios municipais, o correcto desenvolvemento do Día de Defuntos

O Concello de Nigrán contratará gardas de seguridade para que controlen o correcto desenvolvemento do Día de Defuntos nos seus cemiterios municipais (Parada e Nigrán) e establecerá medidas adicionais para que a xornada transcurra con normalidade. O obxectivo é evitar calquera probabilidade de transmisión da enfermidade nun día no que, tradicionalmente, se establecen moitos contactos sociais e con gran carga sentimental para as familias.

O Concello de Nigrán iluminouse esta noite de laranxa para conmemorar o día adicado ao TDH

O Concello de Nigrán iluminouse esta noite de laranxa polo día adicado ao TDAH (Trastorno por Déficit de Atención) co obxectivo de visibilizar este trastorno e mostrar a súa solidariedade cos afectados e as súas familias. O TDH é un trastorno neurobiolóxico de carácter crónico, sintomáticamente evolutivo e de transmisión xenética, en moitos casos.

O Concello culmina con San Pedro e Nigrán o estudo da microtoponimia das súas sete parroquias

O Concello de Nigrán conclúe coas parroquias de San Pedro e Nigrán un traballo de cinco anos e máis de 13.000 € de investimento para recompilar toda a microtoponimia da localidade. Durante este tempo o Concello contratou sucesivamente ao Clube Espeleolóxico Maúxo para realizar Chandebrito e ao Instituto de Estudios Miñoranos para Priegue, Panxón, Camos, San Pedro e Nigrán, entregando o IEM estes dous últimos traballos esta semana

Concello de Nigrán e Deputación construirán dúas sendas peonís, Camos-Chandebrito e A Areíña-Igrexa de Santiago de Parada

O Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra dotarán de respectivas sendas peonís os tramos comprendidos entre San Roque de Camos e Chandebrito (EP 2102) e o de A Areíña e a Igrexa de Santiago de Parada (EP 2106). Tras recibir a petición de mans do alcalde e do edil de Mobilidade o 31 de xullo nun encontro co deputado provincial Gregorio Agís, o ente provincial ven de contratar a redacción de ambos proxectos.

Nigrán dota de rede de saneamento a un camiño do barrio de Sanromán, en Priegue

O Concello de Nigrán rematará esta semana as obras de conexión á rede municipal de saneamento nun camiño do barrio de Sanromán (Priegue), tal e como tiñan demandado os veciños. Deste xeito, os interesados xa poden tramitar esta conexión que beneficia a media ducia de vivendas e que completaría este núcleo.

Nigrán estrea en Panxón o maior mural da artista Lula Goce na comarca do Val Miñor

A artista de Baiona Lula Goce, internacionalmente recoñecida polos seus impactantes murais, ven de rematar en Panxón a súa maior obra na comarca grazas á iniciativa do Concello de Nigrán. O goberno local contratou este verán a Goce a ilustración dun muro de algo máis de 200 metros cadrados de superficie ubicado na subida da rúa Gondomar (ao carón do cemiterio, pavillón e Escola Infantil Dunas).

Os voluntarios de Nigrán retiran 50 kilos de plástico das calas de Lourido na xornada de limpeza simultánea de praias de ADEGA

O Concello de Nigrán participou este domingo por cuarto ano consecutivo na décima xornada de limpeza simultánea de praias en toda Galicia capitaneada pola asociación ecoloxista Adega. Así, unha trintena de persoas (divididas en grupos de 10, ou de convivintes, por protocolo sanitario) retiraron preto de 50 kilos de lixo das calas que rodean Lourido, fundamentalmente pequenos anacos de plástico. Maioritariamente recolléronse cachos de botellas de auga, de aparellos de pesca, latas…

Nigrán suspende ou apraza as actividades programadas ante a alerta vermella por Covid

O Concello de Nigrán cancela as actividades programadas no Auditorio Municipal e de voluntariado nas dunas de Panxón e apraza o inicio dos obradoiros para maiores mentres dure o estado de alerta vermella por Covid-19 no municipio. O goberno local, tal e como fixo suspendendo a gala dos Premios Nigrán este sábado 17 de outubro, toma esta decisión por responsabilidade ante o aumento do número de contaxios.

Rescatado en helicóptero un varón tras caer nunha zona de difícil acceso en Panxón

O home foi rescatado a bordo do helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia tras caer nas rochas, nunha zona de difícil acceso en Panxón, no termo municipal pontevedrés de Nigrán. Segundo a información facilitada aos xestores do 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, o varón foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

O Concello de Nigrán instala paneis informativos nos roteiros por Chandebrito, Os Matos e Monteferro

O Concello de Nigrán renovou este verán toda a sinalización da rede de sendeiros municipal e, recentemente, instalou paneis informativos adicionais nos tres únicos que carecían deles: Chandebrito, Os Matos (Camos-Chandebrito) e Monteferro, estes só tiñan sinalización de percorrido mediante postes. O traballo correu a cargo da cooperativa ‘Árbore Arqueoloxía e Restauración’ (a mesma que se encargou da escavación do Castro de Chandebrito).

Concello de Nigrán, Comunidade de Montes e AVCD ‘O Castro’ de Chandebrito recoñecen a colaboración da Xunta tralos lumes de 2017

O Concello de Nigrán, a Comunidade de Montes e a AVCD “O Castro” de Chandebrito quixeron onte recoñecer a labor da Xunta de Galicia tras a vaga de lumes de 2017 coincidindo cos actos de celebración do terceiro aniversario daquel 15 de outubro. A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recolleu na noite deste sábado, nun acto organizado na Igrexa de San Xosé de Chandebrito, o agasallo que acredita a implicación do Executivo autonómico na recuperación da zona así como nas medidas adoptadas e executadas para previr futuros lumes.

Nigrán lembra ao mestre republicano asasinado, José Vázquez Grela, cun panel informativo no parque que leva o seu nome

O Concello de Nigrán adica o seu Mes de Recuperación da Memoria Histórica a José Vázquez Grela, mestre republicano de Nigrán asasinado o 12 de setembro de 1936. Así, esta mañá quedou instalado no parque inagurado no 2018 e que leva o seu nome (ao carón da Avda.Val Miñor, onde estaba a súa escola) un panel coa súa biografía, fotos e documentos da ‘Comisión Depuradora del Personal de Magisterio de Pontevedra’. Ao lugar acudíu o alcalde acompañado do neto de Grela, José Vázquez, e da edil de Cultura, Nuria Lorenzo.