21.2 C
Pontevedra
Venres, 9 de Xuño de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán controlará, mediante gardas de seguridade nos cemiterios municipais, o correcto desenvolvemento...

    Nigrán controlará, mediante gardas de seguridade nos cemiterios municipais, o correcto desenvolvemento do Día de Defuntos

    O Concello instalará nas entradas dispensadores de xel hidroalcohólico a pedal e cartelería coas normas específicas establecidas para ese día, no caso dos cemiterios privados, a comunidade de propietarios pode solicitalo esta semana ao Concello

    O Concello de Nigrán contratará gardas de seguridade para que controlen o correcto desenvolvemento do Día de Defuntos nos seus cemiterios municipais (Parada e Nigrán) e establecerá medidas adicionais para que a xornada transcurra con normalidade. O obxectivo é evitar calquera probabilidade de transmisión da enfermidade nun día no que, tradicionalmente, se establecen moitos contactos sociais e con gran carga sentimental para as familias.

    “Velaremos porque se cumpran as medidas extraordinarias ditadas pola Consellería de Sanidade para este día e, ao mesmo tempo, facemos un chamamento á veciñanza para que esparexe as visitas entre toda esta semana co fin de evitar grandes concentracións o domingo”, sinala o alcalde, Juan González. O Concello elaborou cartelería específica con este protocolo da Xunta e a instalará na entrada dos cemiterios, entre as normas figura non acudir grupos de visita de máis de 4 convivintes e permanecer un máximo de 30 minutos (ao marxe continúan vixentes o resto de medidas xerais). Igualmente, o Concello dotará de dispensadores de xel hidroalcohólico a pedal as entradas dos dous cemiterios municipais (as comunidades de propietarios dos camposantos privados poden solicitar estes aparellos e a cartelería específica co protocolo a comunicacion@nigran.org antes deste venres).

    Como cada ano, o consistorio adornará para a ocasión con flores de tempada os dous camposantos. Ademais, o Cemiterio Municipal de Nigrán (San Fiz) abrirá este día coas obras de ampliación de 20 novos nichos recén rematadas. O Concello investíu preto de 50.000 € na construción de novas sepulturas, aseos accesibles e almacén.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS