O Concello de Nigrán acenderá o alumeado de Nadal hoxe mércores, 2 de decembro, ás 19:00 horas nunha xornada na que se estará proxectando en bucle –desde as 17:00 h ás 20:00 horas no Auditorio Municipal– unha mensaxe sorpresa dos Reis Magos aos nenos e nenas de Nigrán. Trátase dun vídeo de 2 minutos de duración elaborado exprofeso desde Oriente por Melchor, Gaspar e Baltasar para a infancia de Nigrán.
O goberno de Nigrán aprobou esta mañá en Pleno Ordinario e coa abstención do PP a adhesión ao programa 'Xantar na Casa' de servizo de comida a domicilio para persoas maiores, dependentes ou en risco de exclusión.
O alcalde de Nigrán presentou, xunto a Asociación de Empresarios Ovalmi, a campaña de promoción do comercio local 'Agora máis que nunca este Nadal merca en Nigrán' e o hashtag '#VivoEnNigránComproEnNigrán'.
Varias persoas que practicaban surf a tarde de onte en Praia América rescataron a un home que se atopaba en apuros na auga a quince metros da beiramar.
Esquerda Unida de Nigrán vén de dar a coñecer que, segundo a documentación á que tivo acceso, o pasado 14 de xullo a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) informou desfavorablemente o PXOM de Nigrán, polo que deberá ser corrixido e sometido á Axencia novamente.
O Concello de Nigrán creará unha liña de axudas directas de 120.000 € a cargo do remanente de Tesourería para o sector hostaleiro afectado polo peche sanitario do 4 de novembro. O goberno local ultima os pregos para a convocatoria contemplando unha subvención de 1.000 € para os autónomos e de 600 € para traballadores por conta allea sen dereito a ningún outro tipo de prestación.
O Concello de Nigrán, a través de Servizos Sociais, iniciou hoxe un novo reparto de alimentos entre 43 familias en situación de vulnerabilidade no municipio. Nesta ocasión a achega constou de alimentos frescos adquiridos no pequeno comercio local e de non perecedoiros procedentes de sendas recadacións realizadas recentemente polo GES Val Miñor e CEIP Humberto Juanes entre o seu alumnado.
Na mañá de onte, unha comisión xestora formada por representantes de OVALMI (a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor) e representantes dos hostaleiros do Val Miñor, mantiveron unha reunión co alcalde de Nigrán, Juan Gonzalez, de cara a transmitirlle as diferentes problemáticas ás que se enfronta o sector hostaleiro no seu concello.
O Concello de Nigrán reiniciou esta mañá de maneira oficial os traballos da Biblioteca Municipal tras firmar a dirección técnica e a construtora a acta de replanteo e comezo de obra. Deste xeito, Consvial S.L comprométese a concluír no prazo de tres meses o novo edificio tras resultar adxudicataria da parte non executada das obras por un importe de 973.056 € sobre un orzamento base de 1.117.428 €.
O Concello de Nigrán ven de adquirir a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia unha furgoneta eléctrica de 7 prazas Nissan e-NV200 Evalia para o departamento de Medio Ambiente.
O Concello de Nigrán exporá ao público desde hoxe e por un periodo de dous meses o 'Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións de Portocelo' para a formulación de alegacións. O proxecto elaborado pola Comunidade de Montes de Monteferro e aprobado o 9 de novembro polo goberno local permitirá a reforma do inacabado edificio desta entidade para integralo na paisaxe e adaptado á legalidade, dando marcha atrás a un dos maiores expoñentes do 'feísmo' no municipio.
O CB Nigrán, dende hai tempo, visibiliza con balóns a barbarie da violencia machista. Un balón por cada muller asasinada, un balón por cada neno ou nena orfa, un balón por cada muller que quixo fuxir dun inferno e non o conseguiu. Os 44 balóns do CB Nigrán son 44 testemuñas do horror e 44 xeitos de sacanos as cores a unha sociedade que, as veces toma o camiño máis fácil: mirar para outro lado ou cambiar de canal.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.