20 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán realiza un reparto de alimentos frescos e non...

    O Concello de Nigrán realiza un reparto de alimentos frescos e non perecedoiros entre 43 familias vulnerables do municipio

    A entrega incluíu a compra realizada polo Concello no comercio local de ovos, mazás, repolos e patacas e, entre os produtos perecedoiros, parte do recadado polo GES Val Miñor e o CEIP Humberto Juanes

    O Concello de Nigrán, a través de Servizos Sociais, iniciou hoxe un novo reparto de alimentos entre 43 familias en situación de vulnerabilidade no municipio. Nesta ocasión a achega constou de alimentos  frescos adquiridos no pequeno comercio local e de non perecedoiros procedentes de sendas recadacións realizadas recentemente polo GES Val Miñor e CEIP Humberto Juanes entre o seu alumnado.

    Deste xeito, o concello adquiríu 60 ducias de ovos a El Rancho S.L. e 50 kg de mazás, 84 kg de repolos e 250 kg de patacas a Frutas Vilar. Ademais, na entrega incluíuse unha pequena parte da máis de media tonelada de alimentos non perecedoiros recadados desde o CEIP Humberto Juanes nunha carreira solidaria a semana pasada e dos 320 kg recadados polo GES Val Miñor os pasados días.

    A raíz da crise sanitaria da Covid-19, o Concello deu un xiro ao Banco de Alimentos Municipal, ofrecendo mensualmente compras completas e non só produtos non perecedoiros. “Multiplicamos as adquisicións e, afortunadamente, multiplicouse tamén a solidariedade ante a situación de necesidade de moitas familias que quedaron sen emprego ou sen poder continuar o seu negocio”, explica Juan González, alcalde de Nigrán.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.