Sábado, 5 Xullo de 2025

Nigrán

O alcalde de Nigrán recibe aos responsables de Lugove, nova UTE concesionaria do transporte na comarca

O alcalde de Nigrán, Juan González, reuníuse onte con responsables da UTE concesionaria do novo servizo de transporte no Val Miñor, Lugove, para coñecer de preto todas as novidades ante o comezo do seu funcionamento este mércores 23 de decembro.

O Concello de Nigrán aproba no pleno 120.000 € en axudas directas ao sector hostaleiro e do taxi

O goberno de Nigrán aprobou coa unanimidade da Coporación no pleno desta mañá as bases para establecer axudas directas de 120.000 € ao sector hostaleiro afectado polo peche sanitario do 4 de novembro e ao sector do taxi da localidade prexudicado polas restrición de mobilidade.

O alcalde de Nigrán asina a entrada do Concello no programa ‘Xantar na Casa’ de servizo de comida a domicilio para maiores e dependentes

O alcalde de Nigrán, Juan González, asinou o xoves, na delegación territorial da Xunta, a entrada oficial de Nigrán no programa ‘Xantar na Casa’ do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, sendo o primeiro municipio na comarca do Val Miñor.

O Concello de Nigrán desbloquea a situación administrativa do antigo ambulatorio de Panxón para poder obter a cesión a inicios de ano

O Concello de Nigrán ven de desbloquear esta semana a situación administrativa do antigo ambulatorio de Panxón que impedía, ata agora, a cesión da Tesorería General de la Seguridad Social a favor do consistorio.

O Concello de Nigrán agasalla con cestas de Nadal ao seu voluntariado do Banco de Alimentos, Roupeiro Municipal e eliminación de velutinas

O alcalde de Nigrán, Juan González, e as ediles de Servizos Sociais e Voluntariado, Bibiana Peixoto e Patricia Diego, xunto ao de Sanidade, Alfonso Vázquez, entregaron esta mañá persoalmente ao grupo de voluntariado do Concello as xa tradicionais cestas de Nadal.

Concello, Deputación e Fundación Érguete clausuran o programa de emprego inclusivo da Fundación Érguete en Nigrán

Fundación Érguete-Integración, Deputación de Pontevedra e o Concello de Nigrán celebraron esta mañá no Auditorio Municipal a clausura do curso ‘Acompañante de transporte escolar e comedor escolar’ e 'Auxiliar de Comercio' de mellora da empregabilidade dirixido a desempregados.

O Concello de Nigrán inicia o reparto dos xoguetes recadados e crea un banco municipal para que esté operativo todo o ano

O Concello de Nigrán iniciou esta mañá no Pavillón Municipal de Panxón o reparto dos xoguetes recadados na campaña solidaria 'Agasallos de Corazón' que aínda remata este venres 18 de decembro e que xa é a maior na Historia do municipio.

Nigrán mantén a súa colaboración coas comunidades de augas veciñais renovando os colectores de “A Revolta-Piñeiros” en Camos

O Concello de Nigrán aposta por preservar as traídas de augas veciñais privadas investindo naquelas que desexan manter de cara ao futuro este servizo básico para as parroquias de Camos e Chandebrito, onde non chega ao 100% o abastecemento municipal.

O Concello de Nigrán leva desde hoxe e ata o martes 22 o Paxe Real e o Buzón Real a todas as parroquias

O Concello de Nigrán arranca a programación de Nadal coa xira do Paxe Real e o Buzón Real polas sete parroquias do municipio desde hoxe en Chandebrito (A.V. O Castro, de 17:00 a 19:00 horas) e ata o martes 22.

Segunda recollida solidaria de contos en Nigrán

Esta iniciativa comezou o ano pasado polo Nadal e, debido ao éxito, volverá repetir este ano. A intención é que cada vez se faga máis grande e haxa máis participación. Este ano, ‘Onde viven os contos’, xunto co Pazo de Cea e Tatarina, convidan as familias a un espectáculo musical para todas as idades, da man de Lohengrin Teatro, co seu espectáculo “A mirada dás volvoretas”.

Nigrán inicia hoxe coa xira do Paxe e Buzón Reeal unha programación de Nadal 100 % local que se achegará a todas as parroquias

O Concello de Nigrán arranca o luns 14 coa xira do Paxe e Buzón Real unha programación de Nadal realizada na súa totalidade por artistas do municipio e que, en boa medida, se achegará a cada parroquia cos mesmos espectáculos para manter aforos reducidos acordes á realidade sanitaria. O deseño da oferta cultural de Nadal realizouse tras establecer o goberno local unha bolsa de contratación específica dirixida a este sector e conta coa colaboración das entidades veciñais como respectivas sedes para poder ser itinerante.

Nigrán leva a Pleno a aprobación de 120.000 euros en axudas directas á hostalaría e ao sector do taxi

O Goberno de Nigrán levará ao Pleno do 21 de decembro a aprobación das bases para establecer axudas directas de 120.000 € ao sector hostaleiro afectado polo peche sanitario do 4 de novembro e ao sector do taxi da localidade afectado polas restrición de mobilidade. A cantidade da subvención finalmente incrementouse para incluír tamén a bonificación na hostalaría do recibo trimestral da auga e a parte proporcional do lixo e, no sector do taxi, a axuda será de 70 € para compensar o imposto de Rodaxe.