Xoves, 3 Xullo de 2025

Nigrán

O Concello de Nigrán resolve as primeiras axudas á hostalería e leva a pleno un segundo plan de axudas para o sector do Taxi

O Concello de Nigrán concedeu finalmente axudas directas ao sector hostaleiro de entre 1.115 € e 1.085 € a un total de 33 a empresas e 23 autónomos, e de 750 € a 2 traballadores por conta allea sen ingresos.

Nigrán inclúe a musicoterapia científica no centro municipal de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas

O Concello de Nigrán engade no centro municipal de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas xestionado por Afaga o tratamento de musicoterapia, que será ofrecido semanalmente pola especialista Montserrat López-Merino.

O Concello de Nigrán abre o prazo para presentar ofertas aos quioscos de praia do municipio

O Concello de Nigrán abre desde hoxe e ata o 5 de maio o prazo para a presentación de ofertas para explotar os quioscos de praia este verán, retomándose a tempada desde o 1 de maio (o ano pasado por mor do Covid-19 comezara o 1 de xullo) ata o 30 de setembro, tal e como publicou onte o BOP.

Nigrán duplicará o número de beneficiarios do programa ‘Xantar na Casa’

O Concello de Nigrán ven de solicitar ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar a modificación do convenio de colaboración do programa 'Xantar na casa' para poder duplicar o número de usuarios, o que permitirá pasar dos 10 actuais a 20 en menos de tres meses de funcionamento en Nigrán, sendo o único municipio do Val Miñor que participa neste programa conxunto co Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar.

A Xunta destaca a coordinación entre entidades e administracións para impulsar a integración laboral das persoas con discapacidade

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, e dos alcaldes de Nigrán e Gondomar, Juan González e Paco Ferreira, respectivamente, asistiron esta pasada semana á reapertura da caseta que o Centro Especial de Emprego Juan María de Nigrán ten no Paseo de Torrente Ballester.

Nigrán renovará toda a sinalización do espazo dunar de Praia América-Lorido incluíndo sistema braille e audioguías

O Concello de Nigrán dá un paso máis na posta en valor do espazo dunar de Praia América-Panxón ao destinar 17.000 para renovar a totalidade da sinalización do ecosistema dunar Praia América-Panxón e facela inclusiva. O proxecto, que estará rematado ao inicio da tempada estival, permitirá homoxeneizar e actualizar toda a sinaléctica actual, moi deteriorada tralo paso dos anos, e mellorar sustancialmente os deseños e o tratamento interpretativo dos textos.

A Xunta acondiciona as zonas verdes das sendas en Praia América e a Ramallosa

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar o acondicionamento das zonas verdes nas sendas das estradas PO-340, na Ramallosa, e da PO-325, na travesía de Praia América, no concello de Nigrán. A Xunta, aproveitando as tarefas de mantemento que se están a executar nas marxes das estradas autonómicas na provincia, está a levar a cabo estas semanas traballos de axardinamento nos itinerarios peonís e ciclistas destas dúas vías.

Nigrán financia a terapia canina que durante todo o vindeiro curso escolar ofrecerá o centro Juan María

O Concello de Nigrán financiará con 8.500 € a terapia canina do Centro de Educación Especial Juan María (Parada) durante todo o vindeiro curso escolar, así o confirmou hoxe mesmo o alcalde nunha visita para coñecer de preto esta metodoloxía con beneficios científicos contrastados. Deste xeito, o alumnado continuará recibindo estas sesións que estrearon este ano coa empresa especializada Yaracan tras autofinanciarse coa venda de almanaques solidarios.

O goberno de Nigrán aproba con cargo ao remanente de tesourería investimentos en obras para paliar os efectos da Covid-19

O goberno de Nigrán aprobou no pleno ordinario consignar 3,4 millóns de euros do Remanente de Tesourería 2020 a cubrir diferentes obxectivos, destinando 2.250.000 € a diversas obras.

O Concello de Nigrán continúa a renovación da súa flota de vehículos un Hyundai Kona eléctrico cero emisións

O Concello de Nigrán continúa coa renovación da flota de vehículos municipáis grazas á cesión temporal da concesionaria de abastecemento Aqualia dun turismo eléctrico Hyundai Kona de 150 W.

A Xunta prosegue cos traballos de roza e limpeza nas estradas autonómicas

A Xunta ten previsto proseguir esta semana cos traballos de roza e limpeza nas estradas de titularidade autonómica nas distintas provincias galegas. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses este acondicionamento nas franxas de dominio público de vías da Xunta para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

Nigrán instala un sistema de alumeado de cores na Ponte da Ramallosa

O 2 de abril celebrouse o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo baixo o lema 'Podo aprender. Podo traballar', dous eixes claves para a inclusión e mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias a educación e o emprego.