O Concello de Nigrán abre desde hoxe 5 ao 13 de maio o prazo para inscribirse na ‘Festa da Bicicleta’, que se celebrará como cada ano o 17 de maio cunha marcha circular polo litoral do municipio. Os interesados, empadroados ou non, deben escribir a [email protected] facilitando o nome completo de todos os participantes, teléfono e DNI.
Os asistentes, coa súa propia bicicleta, deberán levar obrigatoriamente casco e máscara durante todo o traxecto e o Concello organizará os grupos en función do que nese intre determinen as autoridades sanitarias. A saída será desde o Pavillón Municipal de Panxón ás 10:30 para chegar ao final da rotonda de Praia América e volver e participarán tamén os vehículos deportivos adaptados do Concello con usuarios e voluntarios. Unha vez rematada a marcha sorterase entre os asistentes unha bicicleta e dez cascos e haberá máis sorpresas.
“A marcha ao aire libre e coa aplicación de todas as medidas anti-covid é completamente segura, por iso apostamos por mantela deste xeito, é unha tradición de cada 17 de maio que queremos preservar”, incide o alcalde, Juan González.