Domingo, 6 Xullo de 2025

Nigrán

A actividade ‘Marcha Nórdica’ estréase en Nigrán co aforo completo

O Concello de Nigrán estreou esta semana a actividade deportiva municipal de 'Marcha Nórdica' como parte da súa oferta pública e coa totalidade das 40 prazas cubertas.

Nigrán adica outubro ao ‘Mes da Memoria Histórica’

O Concello de Nigrán, como cada ano desde 2015, celebrará durante todo outubro o 'Mes da Memoria Histórica' como recordo do tráxico suceso da ‘Volta dos Nove' na comarca (15 de outubro de 1936).

Nigrán adquire unha cadeira de rodas para unha xogadora de baloncesto profesional

O Concello de Nigrán dá un empurrón a súa veciña Uxía Chamorro para que poida competir no Mundial de Catar 2023 de Baloncesto Adaptado.

Nigrán celebra o Día das Persoas Maiores cunha andaina o sábado

O Concello de Nigrán celebrará un ano máis o Día Internacional das Persoas Maiores este sábado 1 de outubro, nesta ocasión constará, se o tempo o permite, dunha andaina desde o Camiño do Codaval (Priegue) ata o miradoiro do pericoto de Vilar (Camos).

A Garda Civil ofrece á Policía Local de Nigrán e funcionarios municipais un curso de desfibrilación e RCP

A Policía Local de Nigrán e traballadores do Concello de Nigrán recibiron esta semana formación en primeiros auxilios da man de tres gardas civís da Comandancia de Pontevedra instructores nesta materia e de David Mosquera, médico da UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro.

A praia de Patos acolle esta fin de semana o campionato de surf adaptado

Apraia de Patos volverá a ser este venres e sábado un exemplo en todo o país do verdadeiro surf universal. O areal acollerá por segundo ano consecutivo o trofeo 'Concello de Nigrán' de Surf Adaptado (día 23) e o Campionato Galego e Nacional (día 24).

Nigrán ofrece unha excursión á Ribeira Sacra este domingo

O Concello de Nigrán ofrece este domingo 25 de setembro unha excursión á Ribeira Sacra lucense para os empadroados no municipio, independientemente da súa idade.

Os peregrinos de Menela inician a última andaina a Santiago de Compostela

Hoxe os rapaces do Centro de adultos Castro Navás volven a sentirse como peregrinos ante o inicio, este luns 19, das cinco etapas que separan Pontevedra de Santiago de Compostela, onde chegarán o venres 23 de setembro.

Nigrán amplía ata o 15 de setembro o prazo de matrícula para o curso ‘Xestión de Almacén e Manexo de Carretilla Elevadora’

O Concello de Nigrán amplía ata o 15 de setembro o prazo de inscrición ao curso 'Xestión de Almacén e Manexo de Carretilla Elevadora' que comeza o día 19 cunha duración de 138 horas e que está dirixido prioritariamente a mulleres empadroadas en Nigrán e desempregadas

Nigrán continúa coa instalación de marquesinas 100 % accesibles

O Concello de Nigrán continúa coa instalación de marquesinas de espera de transporte público 100 % accesibles e non discriminatorias, cumplindo así co seu proxecto global de 'Un Nigrán para todos'. Cun investimento de 10.000 €, engadíronse dúas novas unidades ubicadas en puntos onde non existía refuxio algún e demandaba a cidadanía para agardar o transporte público na Avenida Portugal en Xunqueira e en Estrada pola Vía enfrente Nova Biblioteca Pública Municipal.

Nigrán organiza o domingo 11 o seu «I Roteiro Canino» en Monteferro

O Concello de Nigrán ofrece o domingo 11 de setembro o seu 'I Roteiro Canino' por Monteferro coa organización a cargo do Rey Midas. Este partirá ás 12:00 horas do Monumento á Mariña Universal para percorrer 3,2 kilómetros polos sendeiros desta península. Os interesados en participar deben inscribirse previamente a través dun formulario web en www.nigran.es ou ben no propio lugar de 11:00 h a 11:45 horas. Ao finalizar esta andaina circular, sobre as 13:15 horas, organizaranse actividades que constarán de diferentes premios.

Nigrán acolle o 10 e 11 de setembro o III Festival de Percusión Afrobrasileira “Apertuke”

Nigrán acolle o 10 e 11 de setembro o III Festival de Percusión Afrobrasileira “Apertuke”, organizado pola Asociación de Percusionistas e Tamborileir@s APERTA coa colaboración do Concello de Nigrán e da Deputación de Pontevedra e que xa se realizara na localidade no 2019.