Mércores, 7 Maio de 2025

Nigrán

As mochilas vibratorias de Nigrán estarán en Vigo e Nigrán

O Concello de Nigrán prestará esta fin de semana as súas cinco mochilas vibratorias para sendos festivais musicais en Vigo e Gondomar co obxectivo de que as persoas xordas poidan 'sentir' os concertos de 'Cantares por el Camino' en Villa Solita o sábado e de 'Unha banda con raís' na Praza da Paradela o domingo.

Nigrán aproba, por unanimidade, a modificación das Normas Susidiarias

O Concello de Nigrán, a través de dúas mocións do goberno, deu luz verde por unanimidade no pleno ordinario de hoxe e tras décadas sen actualizar á modificación das normas subsidiarias do planeamento (vixentes dende 1991) e do inventario de viais públicos (vixente dende 1999).

O Esteiro da Foz, 800 quilos máis limpo

O Concello de Nigrán sumouse por quinto ano consecutivo este domingo ao 'Proxecto Móllate polos Ríos', coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrou no Esteiro de A Foz, desembocadura do río Miñor, onde se retiraron preto de 800 kg de lixo na 'XII Limpeza Simultánea' en toda Galicia.

O CB Nigrán presenta os seus equipos para a nova tempada

O Club Baloncesto Nigrán celebrará o vindeiro sábado, 5 de outubro ás 18 horas e no pavillón de Panxón, aos equipos para a nova tempada 2019/2020. O club de Nigrán presentará un total de 11 equipos que participarán en todas as categorías, dende a baby ata a sénior.

Andaina en Nigrán con motivo do Día Internacional das persoas maiores

O Concello de Nigrán celebra este martes 1 de outubro o 'Día Internacional das Persoas Maiores' promovido dende a OMS cunha andaina pola Foz (A Ramallosa). A xornada arrancará ás 10:30 horas na Alameda de San Campio, na Ramallosa, onde a monitora Pilar Husling dirixirá ás 10:45 horas unha actividade física

Nigrán escoita as propostas dos escolares para frear o cambio climático

O goberno de Nigrán, co seu alcalde Juan González ao fronte e catro dos seus ediles, recibiu esta mañá no salón de plenos do Concello ao alumnado do CEIP Humberto Juanes que se sumou hoxe á 'Folga Mundial polo Clima'.

Nigrán insta á Xunta a que invista 19.000 € na substitución das tubaxes oxidadas do CEIP Mallón

O Concello de Nigrán remitiu esta mañá un novo escrito e un orzamento á Consellería de Educación no que insta a que de xeito urxente sustitúa as oxidadas tubaxes do CEIP Mallón, unha intervención que segundo o recente informe realizado por unha empresa especializada a instancias do Concello supón unha contía de 18.726 €.

Nigrán contratará catro técnicos a través do programa da Deputación ‘O teu primeiro emprego’

A Deputación de Pontevedra vén de comunicar ao Concello de Nigrán a concesión da subvención para a contratación de catro persoas en prácticas ao abeiro das bases do programa de fomento da empregabilidade na provincia 'O teu primeiro emprego'.

O mércores remata a inscrición para a ‘DepoRura BTT’ por Nigrán

Ata o mércores 25 de setembro estará aberto o prazo de inscrición para a terceira proba das 'DepoRutas BTT' da Deputación de Pontevedra, que se celebrará o domingo 29 polo concello de Nigrán e terá un percorrido circular de 40,2 quilómetros. A DepoRuta BTT de Nigrán ten como punto de saída e chegada o campo de fútbol de Chandebrito.

Nigrán reitera a petición dunha reunión coa conselleira de Infraestruturas

O alcalde de Nigrán, Juan González, ven de reiterar a petición oficial de reunirse coa Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para incidir no importante que é mellorar o xa aprobado e adxudicado proxecto de mellora da seguridade viaria na PO-552 (puntos quilométricos 10+600 a 13+800) na contorna de Mallón.

Nigrán urxe á Xunta a substituír as tubaxes oxidadas do CEIP Mallón

O Concello de Nigrán insta á Xunta de Galicia a que execute sen demora obras de substitución das vellas e oxidadas tubaxes do CEIP de Mallón "ao detectarse niveis de ferro elevado na auga pese a ser apta para o consumo", tal e como revela a analítica realizada esta semana dende a concesionaria Aqualia a instancias do propio Concello e que foi remitida hoxe a Consellería de Educación xunta a imaxes e un escrito oficial.

Nigrán súmase á campaña #EmerxenciaFeminista cunha concentración na Casa Consistorial na noite do venres

O Concello de Nigrán súmase á campaña #EmerxenciaFeminista promovida dende diferentes organizacións de mulleres de todo o país cunha concentración de denuncia da violencia machista este venres 20 de setembro ás 21:00 diante da Casa Consistorial e iluminando de violeta a mesma.