Domingo, 11 Maio de 2025

Nigrán

O Concello de Nigrán adopta medidas excepcionais como prevención ante o coronavirus

O Concello de Nigrán, atendendo ao criterio das máximas autoridades da Sanidade Pública, toma medidas excepcionais como medida de prevención ante o avance do coronavirus ao tempo que fai un chamamento á calma da cidadanía. Así, como medida de profilaxis, suspéndense desde este luns 16 de marzo e, como mínimo ata o 1 de abril, todas as actividades municipais culturais, deportivas e de envellecemento activo e péchase a Biblioteca Municipal para evitar a concentración dun alto número de persoas nun espazo pechado.

Adiados os actos lúdicos do evento ‘Bosque da Luz’ de Nigrán

A Asociación Galicia Ambiental e os organizadores do evento 'Plantación Bosque Festival da Luz'; Concello de Nigrán; Comunidade de Montes de Chandebrito e a Asociación Veciñal, veñen de anunciar o adiamento das actividades que estaban programadas para esta fin de semana do 14 e 15 de marzo de 2020, como medida de prevención fronte ao coronavirus COVID-19.

Nigrán remata a renovación da rúa do Ceán cunha marquesina de madeira para preservar a contorna

O Concello de Nigrán vén de completar a renovación da rúa do Cean, realizada o ano pasado, incluíndo unha marquesina de soporte de madeira na parada do autobús á altura do cemiterio, punto onde non existía e que por tal motivo demandaba a veciñanza.

Os cursos de prevención do deterioro cognitivo e benestar físico de maiores de Nigrán arranca con 131 persoas inscritas

O Concello de Nigrán iniciou esta semana coa totalidade das prazas cubertas (131 inscritos) o programa integral para a prevención do deterioro cognitivo e benestar físico e emocional dirixido a maiores de 60 anos e pensionistas empadroados no municipio. Nesta nova edición o Concello de Nigrán ofrece cinco talleres para exercitar a memoria con 60 persoas participantes, dous talleres de 'Vivilo Corpo' con 28, e finalmente, tres de informática con 60 veciños.

Nigrán rematará este mes as obras de saneamento en Areíña, Parada

O Concello de Nigrán rematará este mes as obras para a instalación de saneamento no barrio de Areíña (Parada). O proxecto, de 46.823 € con cargo ao Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra, comprende só viais de titularidade pública e dá resposta a vellas demandas dos veciños.

As mulleres de Nigrán, protagonistas dunha mostra de fotografías anteriores a 1970

O Concello de Nigrán conmemora o 8-M, Día Internacional da Muller, coa inauguración este venres ás 19:00 horas no Auditorio Municipal da mostra fotográfica 'Mulleres de Nigrán -1970', unha exposición propia froito de recompilar entre a veciñanza durante case un ano centos de imaxes antigas. Nesta escolma de 150 fotos os asistentes poderán ver a mulleres de Nigrán labregas, costureiras, mestras, nais de familia, coidadoras, perruqueiras, mulleres festeiras, amigas cómplices... En definitiva, mulleres comúns e valerosas ás que a ONU adica cada 8 de marzo e ás que o consistorio consagra esta exposición.

O Concello de Nigrán informa sobre a inscrición para os campamentos polideportivos ‘Príncipe Felipe’

O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o prazo de solicitude para 'Os Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe' para o ano 2020 organizados pola Deputación de Pontevedra. Os campamentos están destinados a persoas nacidas entre os anos 2006 e 2013 ambos os dous incluídos que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.

Os nenos e nenas de Nigrán realizarán o cartel oficial da ‘X Travesía a Nado Costa Serena’

O Concello de Nigrán e o Club deportivo Tumetapesonal, en colaboración coa firma deportiva Area, organizan un concurso de debuxo infantil para escoller o cartel anunciador da 'X edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán', que se celebrará o 5 de xullo en Praia América.

O equipo cadete do C.B. Nigrán, subcampión de Liga

O equipo cadete do C.B. Nigrán proclamouse esta mañá subcampión da liga desta tempada 2019-2020. Foi un camiño longo e cheo de dificultades no que, en máis dunha ocasión, houbo que sacar forzas de flaqueza para remontar resultados adversos.

Nigrán convoca un curso oficial de socorrismo para persoas empadroadas

O Concello de Nigrán ofrece gratuítamente, e por vez primeira, un curso de socorrismo para empadroados que outorga o certificado de profesionalidade requirido para traballar nas praias. O compromiso do goberno de Nigrán coa seguridade e calidade asistencial nos areais e máximo, e ante o insuficiente número de socorristas que se precisan en toda Galicia na tempada estival o Concello desexa atallar este problema na súa comarca.

O Templo Votivo do Mar, en Panxón acollerá en xuño o ‘I Certame Internacional de Corais de Galicia e o segundo de España

O Concello de Nigrán celebrará o 27 de xuño no Templo Votivo do Mar (Panxón) o 'I Certame Internacional de Música Coral Ars Canendi: As voces do Camiño', constituíndose así como o primeiro concurso internacional de Galicia e o segundo de España (Tolosa).

Concello de Nigrán e IES Escolas Proval organizan o venres unha homenaxe a Rosalía de Castro

O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá, este venres 28 de febreiro ás 20:30 horas un acto de homenaxe á figura de Rosalía de Castro aberto á participación de toda a veciñanza. A iniciativa busca conmemorar o día de Rosalía (celebrado o pasado 24 de febreiro) que coincide co nacemento da escritora fai ahora 183 anos en Padrón.